Adrineh Simonian

cantante de opera Mezzosoprano

Adrineh Simonian, nada en Teherán, é unha cantante de ópera armenia-austríaca (mezzosoprano). Cantou os principais papeis na Volksoper de Viena e apareceu en numerosas escenarios en toda Europa como invitada. Traballa como directora de pornografía experimental e artística.

Infotaula de personaAdrineh Simonian
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Teherán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera , realizadora , directora de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2699839 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

Simonian provén dunha familia armenia radicada en Irán que abandonaron antes da revoulicón de 1979 para marchar a Europa,[1] vive en Viena desde 1977.[2][3] Estudou inicialmente violín, piano e canto na Hochschule für Musik und darstellende Kunst Wien (en galego, Universidade de Música e Artes Escénicas de Viena), pero finalmente se graduou con honores na Escola de ópera e opereta no Conservatorio da cidade de Viena.

No 2000, presentouse no Concurso Internacional de Canto de Belvedere Hans Gabor, e gañou o terceiro premio na categoría Opera.[4] O mesmo ano, debutou na opereta de Johann Strauss Eine Nacht in Venedig (Unha noite en Venecia) na Ópera de Viena e cantou, o ano seguinte, na ópera Die Fledermaus (O Morcego).

Ópera popular de Viena editar

De 2001 a 2014, Adrineh Simonian actuou regularmente no escenario do Ópera popular de Viena. Asumiu papeis secundarios, pero tamén principais, como en Ariadne auf Naxos composta por Strauss e con libreto de Hofmannsthal; a Giuletta de Les contes d'Hoffmann, unha ópera de Offenbach con libreto de Jules Barbier baseado en 3 contos de E.T.A. Hoffmann; a Hansel de Hansel und Gretel de Humperdincks ou o papel protagonista de Carmen de Bizet,[1] a partir da obra de Merimée.

O seu repertorio de Mozart incluía o Cherubino en Le nozze di Figaro, Zerlina e Donna Elvira en Don Giovanni, ou a Dama na Die Zauberflöte e Annio en La clemenza di Tito. De Rossini cantou Zaida en Il turco en Italia, así como Tisbe e Angelina La Cenerentola; de Verdi a Flora Bervoix en La traviata; de Puccini interpretou a Suzuki e Kate Pinkerton en Madama Butterfly, a Frugola en Il tabarro e a Giesca en Gianni Schicchi. Para os seus papeis de ópera dos anos 20.

Os papeis da década dos anos 20 inclúen a princesa estranxeira en Rusalka de Dvořák, a Concepción de Die spanische Stunde (A hora española) de Ravel e a Hermia no A Midsummer Night’s Dream (O soño dunha noite de verán) de Britten.

Simonian tamén apareceu regularmente en operetas va Ópera popular de Viena, tamén no baile de ópera en Heuberger, no Boccaccio de Suppé; e de novo, en Eine Nacht in Venedig (Unha noite en Venecia). Tamén encarnou a Manja en Gräfin Mariza (A condesa Mariza) e a Valencienne en Die lustige Witwe (A viuva leda).

Aparicións bel canto editar

A cantante tamén actuou en varios recitais e concertos orquestais. En 2004, actuou con Dave Brubeck e o seu cuarteto no Grosses Festspielhaus de Salzburgo. Actuou no Musikverein de Viena e na Konzerthaus de Viena, e tamén en París e Roma. En Copenhague, actuou como Tamiri nun concerto de Il re pastore de Mozart, baixo a dirección de Ádám Fischer.

Outros coñecidos directores de orquestra cos que traballou foron: Philippe Auguin, Frédéric Chaslin, Alfred Eschwé, Marco Guiaroini, Leopold Hager, Michael Halász, Martin Haselböck, Thomas Hengelbrock, Ernst Märzendorfer, Marc Piollet, Donald Runnicles e Claude Schnitzler.

En 2005, estreou como Enrichetta no I puritani de Bellini e máis tarde cantou a Lucienne na Die tote Stadt (A cidade morta) de Erich Wolfgang Korngold na Ópera estatal de Viena. En 2008 recibiu excelentes críticas pola súa composición de Petrus en La Passione di Nostro Signore Gesu Christo de Josef Mysliveček no Festival Retz, onde tamén cantou o Dido en Dido e Aeneas de Henry Purcell en 2010.

No verán de 2013, asumiu o papel de Hänsel na nova produción de Josef Köpplingers, no Festival de ópera de Jennersdorf. A isto seguiu o papel de Juno na obra de Händel, Sémele, no Teatro de Múnic; a Aldonza en Mann von La Mancha (Un home da Mancha) no Stadttheater Baden.

Finalmente, no 2014, a cantante despidiuse do Bel canto co papel principal na Juditha triumphans (O triumfo de Judith) de Vivaldi no Festival Retz do Opernbühne.

Pornografía experimental editar

En xaneiro de 2016, Simonian presentou o sitio web Art House Vienna que segundo a súa propia declaración producía "pornografía artística experimental"; mentres que segundo o xornal austríaco Kurier, o seu contido é "porno feminista".[5] O seu compañeiro como produtor é o científico cultural e profesor universitario, Patrick Catuz. Na presentación da web, houbo referencias e paralelismo deliberados coas pornógrafas Petra Joy e Erika Lust.[5]

Unha das primeiras series producidas polo sitio web é Blind Date (Cita a cegas), na que se presenta o primeiro encontro entre dúas persoas descoñecidas cos ollos vendados, sen que poidan ver nin falar e experimentan a exploración dos seus corpos e a sexualidade.[5][6] En Blackbox (Caixa negra),[5][7] se presenta un espazo baleiro no que os artistas só ou en parellas quedan na liberdade de actuar como desexen. Simonian emprega unha cámara grúa estática filmando dende arriba, e dúas máis dende os lados e, despois fai a montaxe.

Nunha entrevista no xornal Berlin Kurier, o 28 de marzo de 2017, Simonian declarou:

O que significa para min feminismo é poder amosar todas as visións dunha muller. As partes sexuais nun close up, ou plano próximo é aburrido. Todo o mundo sabe como é. Eu estou mais interesada na psicoloxía da sexualidade e a autenticidade na representación do acto sexual. Dende os anos 70 existe un colectivo de mulleres que loitan pola representación e escenificación positiva no cinema erótico. Este movemento chamase "Feminismo sexual positivo", máis tarde pasa a ser o "PorYes" con relación a Alice Schwarzer. Esta loitadora feminista iniciou a campaña no 1987 "PorNo" contra a pornografía cinematográfica existente.
Entrevista a A. Simonian no periódico Berlín Kurier o 28 de marzo de 2017[8]

Gravacións (selección) editar

  • Tomaso Albinoni: Il Nascimento dell'Aurora . Clemencic Consort, Director: René Clemencic ; 2003
  • Joseph Haydn: La Galatea . Haydn Sinfonietta Vienna, director: Manfred Huss . Con Bernard Richter (Acide), Raffaella Milanesi (Galatea), Jennifer O'Loughlin (Glauce e Polifemo), Iván Paley (Nettuno) e Adrineh Simonian (Tetide); 2009
  • Hans Gál: Organ Works . Academia de Viena, director: Martin Haselböck . Con István Mátyás (órgano), David Pennetzdorger (violoncelo) e Adrineh Simonian.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Redacción (12 de setembro de 2021). "De cantante de ópera a productora de porno feminista". swissinfo.ch (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  2. Redacción (12 de setembro de 2021). "From opera stage to porn director, ex-singer seeks to remove stigma". france24.com (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  3. Redacción (20 de setembro de 2021). "Wienerin tauschte Volksopern-Karriere mit Pornobranche". puls24.at (en alemán). Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  4. "Prize Winners". belvedere-competition.com (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Stepanek, Martin Jan (2016-02-25). "Opernsängerin produziert Pornos: "Aufgeilen ist mir zu wenig"". futurezone.at (en alemán) (publicado o 25 de febreiro de 2016). Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  6. "BLIND DATE". Experimentelle Pornographie (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-15. 
  7. "BLACKBOX". Experimentelle Pornographie (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-15. 
  8. ""Echter Sex sieht anders aus“: Opernsängerin gibt Karriere auf – um Pornos zu drehen". Berliner-Kurier.de (en alemán). 2017-03-28. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2017. Consultado o 2019-05-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar