Prosper Mérimée

Prosper Mérimée, nado en París o 28 de setembro de 1803 e finado en Cannes o 23 de setembro de 1870, foi un dramaturgo, escritor de relatos, arqueólogo e historiador francés. A súa obra máis coñecida é a novela curta Carmen, que foi a base para a ópera do mesmo título de Bizet.

Infotaula de personaProsper Mérimée

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1803 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1870 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Cannes, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCannes (Grand Jas) Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
14º Cadeira 25 da Academia Francesa (pt) Traducir
14 de marzo de 1844 – 23 de setembro de 1870
← Charles Nodier (pt) TraducirLouis de Loménie (pt) Traducir →
Second Empire senator (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Drama, antropoloxía, arqueoloxía, historia, tradución, acción política, pintura, Prosa e política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , pintor , novelista , dramaturgo , Inspector general of the Historical Monuments (en) Traducir , prosista , escritor , tradutor , político , arqueólogo , historiador , debuxante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioL' Auteur du Théâtre de Clara Gazul
Joseph Lestrange
Clara Gazul
Hyacinthe Maglanovich Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
ParellaGeorge Sand Editar o valor em Wikidata
PaisJean François Léonor Mérimée (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anne Louise Moreau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0617737 Allocine: 37808 Allmovie: p217997 IBDB: 8197
Bitraga: 2378 Musicbrainz: 80768228-738d-4b8a-a3a1-4bccbfa38af2 Discogs: 1438600 IMSLP: Category:Mérimée,_Prosper WikiTree: Mérimée-6 Find a Grave: 6758 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Merimée era fillo dunha familia burguesa culta de simpatías anglófilas. Estudou no liceo Napoléon (despois de 1815 chamado Henri-IV). Estudou dereito e a carón del varias linguas: grego, árabe, inglés e ruso. Acabou os estudos ó tempo que se dedicaba xa á literatura, cos seus primeiros ensaios de obras dramáticas e narracións e cunha tradución dos Poemas de Ossian, versión inglesa de supostos poemas celtas que non eran máis que unha falsificación do británico James Macpherson, pero que tiveron unha gran difusión na época. Merimée atopou axiña acollida entre os círculos literarios e artísticos parisienses. En 1822 coñeceu a Stendhal, do que se fixo amigo, e nos anos seguintes entrou en contacto con máis dos membros do movemento romántico francés, entre eles Victor Hugo, ó que apoiou durante a famosa disputa teatral coñecida como batalla de Hernani (1830). En 1825 e 26 viaxou por Inglaterra e en 1830 por España, onde coñeceu á familia de Eugenia de Montijo que sería muller do futuro emperador Napoleón III, feito que lle ía ser moi proveitoso nos anos do Segundo Imperio.

O seu primeiro traballo publicado foi Théâtre de Clara Gazul, de 1825, unha colección de pezas compostas supostamente pola actriz española do mesmo nome, e nas que, seguindo as novas correntes románticas, se separaba das normas teatrais clásicas. En 1827 apareceu La Guzla, ou selección de poesias ilíricas, recollidas en Dalmacia, Croacia e Hercegovina, antoloxía de supostas traducións de cancións populares en lingua ilírica, coas que Merimée se sumaba á moda romántica das recompilacións de obras populares, iniciada polos alemáns Clemens Brentano e Achim von Arnim. En 1828 publicou as obras dramáticas La Jacquerie, scènes féodales e La Famille Carvajal, drame, que non foron representadas.

Dende ese momento a súa vertente literaria concentrouse case exclusivamente na narrativa. Comezou cunha novela histórica ó estilo das de Walter Scott (introducido en Francia coa tradución de Alfred de Vigny do "Cinco de marzo" (1826)), que tiña lugar no ano da noite de san Bartolomeu. Conseguiu a fama cunha serie de 25 relatos curtos que viron a luz en rápida sucesión entre 1829 e 1830 e que o converteron nun clásico do xénero. Os máis coñecidos son Mateo Falcone, Tamango, Le Vase étrusque , A Venus de Ille (1837), Colomba (1841) e, especialmente, Carmen (1845), transformada en ópera en 1874 na ópera máis famosa de Georges Bizet.

 
Prosper Mérimée.

Despois da revolución de xullo de 1830 as súas ocupacións como membro de diversos ministerios do goberno do rei Lois Filipe deixáronlle pouco tempo para a escritura. En 1834, despois de recibir a Lexión de honor foi nomeado inspector dos monumentos históricos de Francia, cargo que lle permitiu viaxar constantemente polo país e polo estranxeiro, situación que o satisfacía moito e lle permitiu xuntar materiais para libros de viaxes coma Notes d'un voyage dans le midi de la France (1835) ou Notes d'un voyage en Corse (1840). Cando foi escollido por escasa maioría membro da Académie française a súa carreira literaria estaba xa practicamente acabada. A revolución de febreiro de 1848 non afectou a súa situación e, despois do nomeamento de Charles-Louis-Napoléon Bonaparte como presidente perpetuo, a antiga amizade coa familia da súa muller valeulle ser ascendido a oficial da Lexión de honra en 1852 e ser escollido membro da cámara alta do parlamento despois de que Louis-Napoléon tomará xa o título de emperador co nome de Napoleón III en 1852.

As súas visitas frecuentes á corte imperial provocaron o desgusto de moitos colegas literatos e a inimizade de vellos amigos do movemento romántico, singularmente Victor Hugo, que era parte da oposición republicana. A partir de 1856 os ataques de asma afectaron cada vez máis á súa saúde e obrigárono a deixa-lo posto de inspector de monumentos en 1860. En 1863 rexeitou unha proposta para ser nomeado ministro de educación. Nos seus últimos anos foi o principal introdutor da literatura rusa en Francia. Xa en 1849 traballara sobre a versión francesa dun relato de Alexander Pushkin e posteriormente dedicouse a traducir obras deste mesmo autor (1856) e de Iván Turguiéñef (1869), coa colaboración en ocasións do propio autor ruso. Só sobreviviu poucas semanas á caída do seu protector Napoleon III o 4 de setembro de 1870. Foi enterrado no Cimetière du Grand Jas en Cannes.

Obras editar

Obra literaria orixinal editar

  • Cromwell (1822) a súa primeira obra dramática, que non se publicou e non se conserva. Mérimée destruíu o manuscrito decatándose das súas implicacións políticas.
  • Le Théâtre de Clara Gazul (1825).
  • La Guzla (1827), baladas sobre temas místicos supostamente traducidas dun orixinal "ilírico" (ou sexa serbo-croata) por un suposto Hyacinthe Maglanowich. A influencia destas baladas, traducidas ó ruso por Pushkin e Lérmontov foi considerable.
  • La Jacquerie (1828), escenas dramáticas sobre unha revolución labrega na época feudal.
  • La Chronique du temps de Charles IX (1829), novela de acción situada na corte francesa na época do masacre de albixenses da noite de San Bartolomeu (1572).
  • Mateo Falcone (1829), relato curto sobre un corso que mata o seu fillo en nome da xustiza. Foi a orixe da ópera do mesmo nome do compositor ruso César Cui.
  • Mosaïque (1833), colección de relatos curtos que contén: "Mateo Falcone", "Vision de Charles XI", "L'enlèvement de la redoute", "Tamango, "Le fusil enchanté", "Federigo", "Ballades", "La partie de trictrac", "Le vase étrusque", "Les mécontens" e tres das súas cartas dende España. Máis dos contos foran xa publicados na Revue de Paris entre 1829 e 1830.
  • As ánimas do purgatorio,[1] Les Âmes du purgatoire (1834), relato sobre o libertino Don Juan Maraña.
  • A Venus de Ille,[1] La Vénus d'Ille (1837), historia fantástica sobre unha estatua de bronce que semella ter vida.
  • Notes de voyages (1835-40), descrición das viaxes de Mérimée por Grecia, España, Turquía e Francia.
  • Colomba (1840). Relato sobre unha rapaza xitana corsa que incita a seu irmán a cometer un crime para vingar a morte de seu pai.
  • Carmen (1845), a súa obra máis coñecida, historia dunha muller xitana que acaba sendo asasinada por celos polo seu amante.
  • Lokis (1869), historia de terror sobre un home-oso situada en Lituania
  • La Chambre bleue (1872), farsa con elementos de conto sobrenatural.
  • Lettres à une inconnue (1874), colección de cartas de Mérimée a Jenny Dacquin, publicadas postumamente.

Crítica editar

Traducións do ruso editar

  • La Dame de pique (A dama de picas, "Пиковая дама"), Les Bohémiens (Os xitanos, "Цыганы"), Le Hussard ("O husar") (1852), de Pushkin.
  • L'Inspecteur général ( O inspector xeral "Ревизор") (1853) de Gogol'
  • Le Coup de pistolet (O tiro "Выстрел") (1856), de Pushkin.
  • Apparitions (Espectros "Призраки") (1866), de Turgenev.

Notas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar