Madama Butterfly

ópera de Giacomo Puccini

Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti. Segundo un estudoso, a ópera baseouse en acontecementos que realmente ocorreron en Nagasaki a principios da década de 1890.[3] Captado pola intensidade da historia, Puccini decidiu orientar a súa inspiración á figura da infeliz gueixa. Traballou intensamente, ata facer desta ópera unha obra mestra que lle pertencía intimamente, como el mesmo recoñeceu.

Madama Butterfly
Litografía de Adolf Hohenstein (1904).
FormaTraxedia xaponesa
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaG. Giacosa e L. Illica
Fontes literariasMadame Butterfly (1898), conto de J. L. Long que foi dramatizado por David Belasco, e Madame Chrysanthème (1887), novela de Pierre Loti.
Estrea17 de febreiro de 1904
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas
Música
CompositorGiacomo Puccini
coroParticipación destacable[1]
Personaxes

Cio-Cio-San (soprano lírico-spinto)
Suzuki (mezzosoprano)
B. F. Pinkerton (tenor lírico-spinto)
Sharpless (barítono)
Goro (tenor lixeiro)
Representante do Imperio Nipón (baixo)
O notario (barítono)
O bonzo (baixo)
O príncipe Yamadori (tenor lixeiro)
Mrs. Kate Pinkerton (mezzosoprano)
Amigos e parientes de Cio-Cio-San, criados[2]

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea
17 de febreiro de 1904
(Director:
Cleofonte Campanini)[4]
Intérpretes de Brescia
28 de maio de 1904
(Director:
Cleofonte Campanini)[4]
Cio-Cio San (Madama Butterfly) soprano Rosina Storchio Solomiya Krushelnytska
Suzuki, a súa doncela mezzosoprano Giuseppina Giaconia Giovanna Lucacevska
B. F. Pinkerton, tenente da Mariña dos Estados Unidos tenor Giovanni Zenatello Giovanni Zenatello
Sharpless, cónsul estadounidense en Nagasaki barítono Giuseppe De Luca Virgilio Bellatti
Goro, un casamenteiro tenor Gaetano Pini-Corsi Gaetano Pini-Corsi
Príncipe Yamadori tenor[5] Emilio Venturini
O bonzo, tío de Cio-Cio San baixo Paolo Wulmann[6]
Yakuside, tío de Cio-Cio San baixo Antonio Volpini[6]
O comisionado imperial baixo Viale
O rexistrador oficial baixo Gennari
Nai de Cio-Cio San mezzosoprano Tina Alasia
A tía soprano Ghissoni
A curmá soprano Palmira Maggi
Kate Pinkerton mezzosoprano Manfredi
Dolore ("Dolor"), fillo de Cio-Cio San papel mudo
Parentes, amigos e serventes de Cio-Cio San

Sinopse editar

Acto primeiro editar

En 1904, un oficial da Mariña dos EUA, Pinkerton, aluga unha casa nun outeiro en Nagasaki, no Xapón para el e a súa futura muller de 15 anos, "Butterfly" aínda que o seu verdadeiro nome é Ciocio-san (Cio-Cio, pronunciado "chocho", remítese á palabra xaponesa para "bolboreta" -蝶 蝶-). Para el, o casamento é de conveniencia, xa que ten a intención de deixala tan pronto atope unha boa esposa estadounidense, xa que as leis do divorcio xaponesas son moi frouxas. O casamento terá lugar na casa e Butterfly ten tantas ganas de casar cun americano que xa antes se convertera ó cristianismo. Tras a cerimonia de matrimonio, o tío dela, un bonzo, que non fora convidado, descobre a súa conversión, vén para a casa, maldía e ordena saír a todos os invitados, cousa que fan mentres renuncian a ela. Pinkerton e Butterfly cantan un dueto de amor e prepáranse para pasar a súa primeira noite xuntos.

Acto segundo editar

Tres anos máis tarde, Butterfly aínda está esperando a que volva Pinkerton, pois el deixáraa pouco despois da voda. A súa criada Suzuki está intentando convencela de que el non vai volver, pero ela non lle fai caso. Goro, o alcaiote que arranxou o seu matrimonio, segue tratando casala de novo, pero ela tampouco o escoita. O cónsul americano, Sharpless, vén para a casa cunha carta que recibiu de Pinkerton en que lle pide que lle dea a nova a Butterfly de que vai regresar ao Xapón, pero non pode rematar de falar porque Butterfly se pon moi contenta ao saber que Pinkerton está de volta. Sharpless pregúntalle a Butterfly que faría se Pinkerton non volvese, ante o cal ela descobre que deu a luz ao fillo de Pinkerton despois de deixala e pídelle a Sharpless que llo diga.

Dende a casa do outeiro, Butterfly ve chegar o barco de Pinkerton ao porto. Ela e Suzuki preparan a súa chegada e despois agardan por el. Suzuki e o neno quedan durmidos, pero Butterfly queda esperta toda a noite na súa espera.

Acto terceiro editar

Suzuki esperta pola mañá e Butterfly finalmente adormece. Sharpless e Pinkerton chegan á casa xunto coa nova esposa americana de Pinkerton, Kate, e viñeron porque Kate aceptou criar o fillo de Butterfly. Pero cando Pinkerton ve como Butterfly decorou a casa para o seu retorno, entende que cometeu un grande erro. Admite que é un covarde e que non pode afrontala, deixándolles a Suzuki, Sharpless e Kate a tarefa de darlle a noticia a Butterfly. Aceptando renunciar ó seu fillo se Pinkerton vén vela, rézalles despois ás estatuas dos seus deuses ancestrais, dille adeus ao seu fillo, véndalle os ollos, coloca unha pequena bandeira americana nas súas mans e ocúltase detrás dunha pantalla, cortando a súa propia gorxa co coitelo de haraquiri de seu pai. Pinkerton corre dentro pero xa é tarde.

Orquestración editar

A partitura de Puccini require o uso de:

Música en escena: campás, campás tubulares, campás xaponesas, viola d'amore, asubíos de paxaros, tam-tam, tam-tam grave

Ter en conta que a campá no escenario é tocada por Suzuki durante a oración E Izaghi ed Izanami ao inicio do segundo acto.

A viola d'amore serve para soster discretamente a entoación do coro (que nesta ópera exclúe as voces graves masculinas) durante o famoso coro "a bocca chiusa".

Os asubíos de paxaros utilízanse xeralmente mediante instrumentos especiais como foles provistos de chifres.

Arias célebres editar

  • Dovunque al mondo, romanza de Pinkerton (primeiro acto).
  • Quanto cielo! Quanto mar!, entrada de Butterfly co coro feminino (primeiro acto).
  • Viene la sera, duetto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto).
  • Vogliatemi bene, un bene piccolino, dueto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto).
  • Un bel dì vedremo, romanza de Butterfly (segundo acto).
  • Che tua madre dovrà prenderti in braccio, romanza de Butterfly (segundo acto).
  • Scuoti quella fronda di ciliegio dueto entre Butterfly e Suzuki (segundo acto).
  • Coro a bocca chiusa (segundo acto).
  • Intermezzo sinfónico (entre o segundo e o terceiro acto).
  • Addio fiorito asil, romanza de Pinkerton (terceiro acto - ausente na primeira versión).
  • O a me sceso dal trono, aria de Butterfly (terceiro acto).

Gravacións editar

Dende a estrea da ópera en 1904 realizáronse numerosas gravacións tanto de son como de vídeo con algunhas das grandes voces, directores e orquestras da historia da ópera.

Adaptacións editar

Cinematográficas editar

 
Anna May Wong sostén un neno no filme de 1922 The Toll of the Sea

Teatrais editar

  • En 1974 o director e dramaturgo Ruggero Rimini escribiu o drama La Storia di Madama Butterfly - Un bel di' vedremo, posto en escena o ano seguinte coa Compagnia Il Centro di Lucca; escena de Lele Luzzati, vestiario de Santuzza Cali'. Máis de vinte anos despois, en 1998, a Compagnia stabile del Dramma Italiano di Fiume (Croacia) puxo en escena o drama baixo a dirección de Pere Selem, a escena de Raffaele Del Savio e o vestiario de Dora Argento.

Notas editar

  1. Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  2. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 391. ISBN 84-206-0284-1. 
  3. Groos, Arthur (1994). The Puccini Companion, Lieutenant F. B. Pinkerton: Problems in the Genesis and Performance of Madama Butterfly. Nueva York: Norton. pp. 154–201. ISBN 9780393029307. 
  4. 4,0 4,1 Amadeus Almanac Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)
  5. O creador do rol, Emilio Venturini, era un tenor. A partitura estadounidense de Ricordi de dous actos para 1905, accesible na Universidade de Indiana, sinala que é un papel de barítono, mais a música está en clave de sol. Ten tal tesitura e voz que este papel do príncipe Yamadori téñeno interpretado ás veces barítonos.
  6. 6,0 6,1 Puccini Role Creators
  7. "Noticia de Madame Butterfly (1915) en Afi.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  8. "Ficha da película Harakiri (1919) no sitio IMDB". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  9. Noticia de Madame Butterfly (1932) en Afi.com

Véxase tamén editar