Zulu Sofola

dramaturga e profesora nixeriana

Zulu Sofola, nada o 22 de xuño de 1935 e finada o 5 de setembro de 1995[1], foi unha dramaturga nixeriana, a primeira do seu país[2]. Sofola foi tamén profesora universitaria, e a primeira muller docente de artes teatrais en África.

Zulu Sofola
Nacemento22 de xuño de 1935
Falecemento5 de setembro de 1995
NacionalidadeNixeria
Alma máterUniversidade Católica da América, Virginia Union University, Southern Baptist Theological Seminary e Universidade de Ibadan
Ocupacióndramaturga, realizadora e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nwazuluwa Onuekwuke Sofola[3] naceu no estado de Bendel, filla de Nwaugbade Okwumabua e o xefe Ogana Okwumabua, do pobo igbo e procedentes de Issele-Uku, na área administrativa de Anochia North, no Estado do Delta.

Foi á escola en Asaba e ao Instituto Feminino Baptista de Agbor.[4]. Debido ao seu bo rendemento escolar revibiu unha bolsa para completar os estudos secundarios en Nashville (Tennessee). Despois estudou no Southern Baptist Theological Seminary en Louisville (Kentucky) e en 1959 graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Virxinia en Richmond (Virxinia). En 1965 rematou un mestrado en Escritura e produción de dramaturxia na Universidade Católica de América en Washington, D.C.[1] Regresou a Nixeria en 1966, e converteuse en lectora no departamento de Artes Teatrais da Universidade de Ibadan (Estado de Oyo), onde se doutorou en Artes Teatrais (Teoría da Traxedia) en 1977.[4] Ensinou Drama na Universidade de Ilorin (Kwara), onde foi nomeada xefa do departamento de Artes Performativas.

Sofola foi cantante, bailarina e escritora prolífica. Escribiu e dirixiu numerosas obras para teatro e televisión, incluídas pezas propias, como King Emene. As súas obras "van desde a traxedia histórica até a comedia doméstica, e utilizan o escenario africano tradicional e moderno".[5] Usa "elementos de maxia, mitoloxía e ritos para entender os conflitos entre o tradicionalismo e o modernismo nos que a supremacía persiste"[6]. Está considerada unha das mulleres máis destacadas da literatura do seu país.[7]

ObraEditar

  • The Deer Hunter and The Hunter's Pearl (1969)
  • The Disturbed Peace of Christmas (1971)
  • Wedlock of the Gods (1972)
  • The Operators (1973)
  • King Emene: Tragedy of a Rebellion (1974)
  • The Wizard of Law (1975)
  • The Sweet Trap (1977)
  • Old Wines Are Tasty (1981)
  • Memories in the Moonlight (1986)
  • Queen Omu-ako of Oligbo (1989)
  • Eclipso and the Fantasia (1990)
  • The Showers (1991)
  • Song of a Maiden: A Play (1992)
  • Lost Dreams and Other Plays (1992)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Biography". Zulu Sofola (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  2. "Nigeria's female writers have arrived". Sun (en inglés). 25 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25-05-2007. Consultado o 12-08-2019. 
  3. Iyegbu,I.. "Nwazuluwa Onuekwuke Sofola". Issele-Uku (en inglés). 
  4. 4,0 4,1 "Zulu Sofola". ZODML (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2018. 
  5. Busby, M. (1992). Daughters of Africa: An International Anthology of Words and Writings by Women of African Descent. Londres: Jonathan Cape. p. 450. 
  6. Banham, M, Errol Hill e Woodyard, G. (eds) (1994). "Sofola, Zulu". The Cambridge Guide to African & Caribbean Theatre. Cambridge University Press. p. 82. 
  7. "Zulu Sofola". Africa Database. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 12 de agosto de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligaźons externasEditar