Zulfuqar Əhmədzodə

Zulfuqar Əhmədzodə, nado en Pensər en 1898 e finado en Mariinsk o 9 de xuño de 1942, foi un poeta e político talish.

Zulfuqar Əhmədzodə
Nacemento29 de outubro de 1898
Lugar de nacementoPensər
Falecemento9 de xuño de 1942
Lugar de falecementoMariinsk
CausaRepresión
NacionalidadeImperio Ruso, República Democrática de Acerbaixán e Unión Soviética
Ocupaciónescritor, poeta e tradutor
FillosRüfat Ahmadzada
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou primeiro nunha madrasa, e alí comezou a escribir poemas relixiosos no xénero mersiye (elexías). Logo completou a súa educación nunha escola rusa da súa vila natal e completou a súa educación en Istambul.

Despois da revolución rusa apoiou os bolxeviques. Entre 1920 e 1937 ocupou diferentes cargos na administración, dirixiu o comité executivo da súa provincia natal de Astara, e despois presidiu o comité executivo dunha provincia da RSS de Armenia. Detido en 1937 tras enfrontarse co líder de Acerbaixán Mir Jafar Baghirov. Condenárono a cinco anos de prisión pero morreu, antes de cumprir a pena, logo dunha longa enfermidade no hospital da cidade de Mariinsk.

Escribiu moitos poemas en talish e azarí, entre os máis coñecidos figuran "Toloshi zhimon" (1931 en talish), "Davarda Ruzon" (en talish) e "Arktïka dastanı" (en azarí). Defensor do recoñecemento dunha entidade talish e creador da lingua literaria talish,[1] Zufulqar traduciu ao talish clásicos da literatura rusa e escribiu libros de texto e manuais da lingua talish para a escola primaria.

Notas editar

  1. Аллахверди Агарзазаде. Talış poeziyasının günəşi - Zülfüqr Əhmədzadə (Pensəj) (азерб.) // Tolışi sədo : газета. — Январь 2010. — No 2(110). — S. 7.