Zsolt Limperger
Zsolt Limperger, nado en Budapest o 13 de setembro de 1968 é un exfutbolista húngaro, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1968 (56 anos) Pápa, Hungría (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Hungría | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFormou parte da selección sub-17 do seu país e xogou o mundial desa categoría disputado na China en 1985. Xogou no Ferencvaros até a súa chegada ao Real Burgos, co que sufriu un descenso a segunda división.
Fichou polo Celta de Vigo no mercado de inverno da tempada 1993/94 para suplir a baixa de Luisinho procedente do Real Burgos. Debutou o 23 de xaneiro de 1994 no derbi contra o Deportivo, pero aos 13 minutos rompeu o tendón de Aquiles, e non volveu xogar co Celta.
Ao ano seguinte fichou polo Real Mallorca, e despois regresou ao Ferencvaros, participando na Liga de Campións.
Foi internacional coa selección de fútbol de Hungría en 22 ocasións.