Zippasna foi unha cidade-estado do norte de Siria, que para a metade do século -XVII foi atacada e destruída por Hattusilis I, rei dos hititas, despois de conquistar o reino de Tawanaga, que debía de estar próximo. O rei hitita ofreceu o botín de Zippasna á deusa solar de Arinna.