Zhao Tingyang

filósofo chinés

Zhao Tingyang (chinés simplificado: 赵汀阳; pinyin: Zhào Tīngyáng), nado en Guangdong no 1961, é un filósofo político contemporáneo. É recoñecido por modernizar o antigo concepto chinés de tianxia (天下, "todo baixo o ceo").[1][2]

Modelo:BiografíaZhao Tingyang
赵汀阳
Biografía
Nacemento1961
Guangdong, República Popular da China
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
EducaciónUniversidade Renmin da China
Actividade
Campo de traballoFilosofía e filosofía política Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFilósofo e profesor universitario
Período de actividadeSéculos XX e XXI
Xénero artísticoEnsaio
LinguaChinés
Premios

Traxectoria

editar

Zhao Tingyang graduouse pola Universidade Renmin da China e pola Academia Chinesa de Ciencias Sociais. Actualmente, é profesor no Instituto de Filosofía da Academia Chinesa de Ciencias Sociais e membro do Instituto de Investigación Berggruen da Universidade de Pequín. Foi tamén membro distinguido do Instituto Harvard-Yenching no ano 2013.[1][3]

As súas principais áreas de investigación son a metafísica, a ética e mais a filosofía política.[4] No ano 2005, publicou unha das súas obras máis recoñecidas Tianxia tixi (天下体系, "O sistema tianxia").[5] Segundo Zhao, o sistema tianxia presupón a inclusión de todas as persoas, e implica a aceptación da diversidade do mundo, poñendo a énfase na dependencia harmónica e recíproca e no goberno baseado na virtude como medios para unha paz duradeira.[6][7]

 
Representación gráfica do sistema tianxia

Libros

editar
  • 《美学和未来的美学》(A estética e a estética do futuro, 1990). Editorial de Ciencias Sociais de China.
  • 《哲学的危机》(A crise da filosofía, 1992). Editorial de Ciencias Sociais de China.
  • 《思想迷宫》(Os labirintos do pensamento, 1995). Editorial de Educación de Guangdong.
  • 《天下体系》(O sistema tianxia, 2005). Editorial da Universidade Renmin. Tradución ao castelán: Tianxia: Unha filosofía para a gobernanza global (2021). Tradución de Manuel Pavón Belizón. Herder.[5]
  • 《天下的当代性》(O espírito contemporáneo do tianxia, 2016).

Artigos académicos

editar
  • Zhao Tingyang. 2012. ‘The Ontology of Coexistence: From Cogito to Facio’. Diogenes 57:4, (228): 27-36
  • Zhao Tingyang and Yan Xin. 2008. The Self and the Other: An Unanswered Question in Confucian Theory. Frontiers of Philosophy in China 3, (2): 163-176
  • Zhao Tingyang. 2009. Ontology of Coexistence. Diogenes 228, (4): 35-49
  • Zhao Tingyang. 2009. A Political World Philosophy in terms of All-under-Heaven (tian-xia). Diogenes 56, (1): 5–18, 140
  • Zhao Tingyang. 2006. Rethinking Empire from a Chinese Concept 'All-under-Heaven' (tian-xia). Social identities 12, (1): 29-41
  • Zhao Tingyang. 2007. ‘“Credit Human Rights”: A Non-western Theory of Universal Human Rights’. Social sciences in China XXVIII, (1): 14-26
  • Zhao Tingyang. 2005. On the Best Possible Golden Rule. Social sciences in China XXVI, (4): 12-22
  1. 1,0 1,1 "Zhao Tingyang" (en inglés). 
  2. "The Tianxia System: World Order in a Chinese Utopia". www.chinaheritagequarterly.org. 
  3. "赵汀阳". philosophy.cssn.cn. 
  4. "Tingyang Zhao". herdereditorial.com. Consultado o 2023-11-29. 
  5. 5,0 5,1 "Tianxia: una filosofía para la gobernanza global". herdereditorial.com (en castelán). Consultado o 2023-11-29. 
  6. Zhao, Suisheng (2023). The Dragon Roars Back: Transformational Leaders and Dynamics of Chinese Foreign Policy. Stanford University Press. 
  7. "A Political World Philosophy in terms of All-under-heaven (Tian-xia)".