Coordenadas: 80°35′00″N 60°30′00″L / 80.583333333333, 60.5

Zemlya Vilcheka (ruso: Земля Вильчека; Zemlya Vil'cheka, alemán: Wilczek-Land), é unha grande illa localizada que forma parte da Terra de Francisco Xosé, Rusia.

Zemlya Vilcheka
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
MarOcéano Ártico
Xeografía
Superficie2.203 km²
Longura máxima57 km
Largura máxima47 km
Perímetro231 km
Punto máis alto606 m Montañas Wüllerstorf
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Historia editar

Esta grande illa chámase así polo conde austro-húngaro Johann Nepomuk Wilczek.[1]. O conde Hans Wilczek era o patrocinador máis importante da Expedición Austro-Húngara do Polo Norte á Terra de Francisco Xosé.

Cabo Geller foi o lugar de invernada para dous dos membros da Expedición Welle de 1899 esperando o regreso do seu equipo do polo.

Esta illa non debe ser confundida coa pequena Illa Wilczek, "Остров Вильчека", situada ao suroeste da illa Salm, tamén no grupo de Francisco Xosé e nomeada pola mesma persoa.

Xeografía editar

Wilczek é a segunda illa máis grande do arquipélago Francisco Xosé. É case completamente glaciar excepto por dúas áreas estreitas ao longo das súas ribeiras occidentais. O punto máis alto da illa ten 606 m..

O Cabo Ganza (Mys Ganza) é o cabo máis occidental de Wilczek. A canle ao oeste, entre Wilczek e Gallya, é coñecido como Avstriyskyy Proliv (Австрийский пролив).[2]

Glaciares e cúpulas de xeo editar

A Kupol Arktirazvedki (Купол Арктиразведки), cúpula de xeo cobre a parte nordés da illa.[3] No lado occidental da cúpula de xeo Arktirazvedki hai dous glaciares, o Glaciar Stremitelny (Lednik Stremitel’nyy) "Glaciar corredor", ao oeste do cal flúe o Glaciar Molochny (Lednik Molochnyy) "Glaciar lácteo", ambos rematan na costa norte.[4]

Máis ao sur a cúpula de xeo de Kupol Tindalya (Купол Тиндаля), chamado así polo glaciólogo irlandés John Tyndall, cobre a área central do leste da illa.[5] Ao sueste dela flúe o Glaciar Znamenity (Lednik Znamenityy), que remata na costa sur, ao leste da cúpula de xeo o Kupol Oblachnyy (Купол Облачный) está situado no extremo sur da illa.[6]

Illas menores adxacentes editar

A costa da illa está bordeada por varias illas e illotes ribeiregos, sendo os principais:

  • illa Klagenfurt (Остров Клагенфурт), unha pequena illa localizada a uns 9 km da costa, fronte á baía da costa meridional. Esta illa debe o seu nome a Klagenfurt (en esloveno: Celovec), a capital do estado de Carintia.
  • illotes Gorbunova (Острова Горбунова; Ostrova Gorbunova), dous pequenos illotes localizados a menos de 1 km da costa, fronte a un dos cabos do tramo central da costa oriental (80°34′N 62°01′L / 80.567, -62.017), chamados así en honor ao naturalista ruso Gregory Petrovich Gorbunov (1894-1938).[7]
  • un grupo de catro illotes situados a 1´5 km da costa, fronte ao cabo máis meridional da illa, chamados (de NE a SW):
  • illote Derevyannyy (Остров Деревянный; Ostrov Derevyannyy);.
  • illote Davis (Остров Дауэс; Ostrov Daues), nomeado en honor do navegante da Antártida John King Davis.
  • illote Mak-Nulta (Остров Мак-Нульта; Ostrov Mak-Nulta);
  • illote Tillo (Остров Тилло, Ostrov Tillo), nomeado en honor do cartógrafo ucraíno Oleksiy Tillo (1839-1900). Esta illa non debe confundirse coa illa Tillo do mar de Kara.

Notas editar

  1. John Nepomuk Graf Wilchek
  2. "Zemlya Vil’cheka". Mapcarta. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  3. "Kupol Arktirazvedki". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  4. "Lednik Stremitel’nyy". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  5. "Kupol Tindalya". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  6. "Kupol Oblachnyy". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  7. "Gregory Petrovich Gorbunov". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2008. Consultado o 11 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar