Zacky Vengeance

músico estadounidense

Zackary James Baker, tamén coñecido como Zacky Vengeance nos escenarios, nado o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), é o guitarrista rítmico da banda estadounidense Avenged Sevenfold.

Zacky Vengeance
Zacky Vengeance (2007).jpg
Nome completoZackary James Baker
AliasZacky Vengeance
Nacemento11 de decembro de 1981 (40 anos)
OrixeOlympia (Washington) Flag of the United States.svg
OcupaciónMúsico
XéneroHard Rock, Metal
Instrumento(s)guitarra, voz(coros)
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
Relacionado conAvenged Sevenfold
Na rede
http://www.vengenz.com/
IMDB: nm3143601 Musicbrainz: e3df81c7-2ed9-4c35-90ca-6ec8069225aa Discogs: 2183171 Allmusic: mn0000639989 Editar o valor em Wikidata

Biografía e vida persoalEditar

Zackary James Baker naceu o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), trasladándose despois a California. Os seus pais chámanse Jim e Maria Baker, ten un irmán chamado Matt e unha irmá chamada Zina. O 9 de xullo de 2011 casou con Gena Paulhus.
Comezou a aprender a tocar a guitarra aos trece anos de maneira autodidacta e utilizando unha guitarra que lle regalaran os seus pais, que era para destros (sendo el zurdo). Estudou en Huntington Beach High School, onde coñeceu a M. Shadows co cal formaría o grupo de metal Avenged Sevenfold. Estando no instituto xogaba ao béisbol e quería ser xogador profesional, mais finalmente decidíuse pola música.
Ten dous cans chamados Ichabod Vengeance e Majesty. Ten múltiples tatuaxes no seu corpo, destacando nas costas a palabra Vengeance e o número 7, e no pescozo "forever" como recordo do seu amigo falecido The Rev.
Posúe unha liña de roupa chamada "Vengeance University". Os seus deseños caracterízanse por levar a marca VU e 6661. O número 6661 é o ano no que a banda (Avenged Sevenfold) foi formada (1999) dado a volta.
O seu nome Zacky Vengeance é adicado como vinganza a tódalas persoas que nos comezos non confiaban nel e crían que non triunfaría. Foi o que tivo a idea da sigla "A7X" para Avenged Sevenfold.

Carreira musicalEditar

Cando tiña 13 anos comezou a aprender a tocar a guitarra de maneira autodidacta, vendo ás súas bandas favoritas e lendo a revista Guitar World. Nun principio formou parte dunha banda de punk chamada "MPA" (Mad Porno Action), mais deuse conta de que non tería éxito e formou a banda de metal Avenged Sevenfold xunto a M. Shadows e The Rev aos cales coñecía do instituto de Huntington Beach. As súas influencias son Rancid, Misfits e Bad Religion; e entre as súas bandas favoritas están Metallica e Guns N' Roses.
O 20 de abril de 2011 gañou o premio de Revolver Golden por Mellor Guitarrista xunto co seu compañeiro Synyster Gates.

EquipamentoEditar

Está patrocinado por Schecter Guitar Research desde 2004 e ten varios modelos exclusivos S-1 personalizados e deseñados por el. E os amplificadores que utiliza son Marshall.

Das guitarras utilizadas destacan:

  • The Vengeance Standard model
  • Schecter S-1
  • The ZV Blade(2009 )
  • The ZV special con FR (como se pode ver nas escenas Live in the LBC DVD)
  • The ZV "Gynecologist" (con pingas de sangue).
  • Schecter Vengeance 6661 2011 model prototype