Rancid é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Berkeley (California) e formada no ano 1991. Creada por Tim Armstrong e Matt Freeman, que tocaran anteriormente na influente banda de ska punk Operation Ivy, Rancid é considerada (xunto con The Offspring e Green Day) unha das bandas que revitalizaron o interese do gran público polo punk rock nos Estados Unidos a mediados dos anos 90. A diferenza dos outros grupos mencionados, Rancid permaneceu nun selo independente e continúa tendo un son moito máis clásico con temática máis política, conectada así ás súas raíces do underground. As cancións de Rancid reflicten a súa forte postura de esquerdas, a súa aversión aos grandes selos e o seu descontento co elitismo punk.

Rancid
OrixeBerkeley (California),
Período1991 - presente
Xénero(s)punk rock, hardcore punk, ska punk, street punk
Selo(s) discográfico(s)Lookout!, Epitaph, Hellcat
MembrosTim Armstrong
Lars Frederiksen
Matt Freeman
Branden Steineckert
Antigos membrosBrett Reed
Artistas relacionadosOperation Ivy, Green Day, Downfall, The Used, Transplants, Lars Frederiksen and the Bastards, Tim Timebomb and Friends, Devils Brigade, Social Distortion, The Old Firm Casuals, Shaken 69, U.K. Subs, The Silencers, Basic Radio, Auntie Christ, MDC, The Interrupters
Na rede
rancidrancid.com
IMDB: nm1807050 Facebook: rancid Twitter: Rancid Instagram: rancid Tumblr: rancidofficial MySpace: rancid Youtube: UCFSjnN55tV-mecyG0mYvhdQ Bandcamp: rancidSouncloud: rancid-official Spotify: 6xTk3EK5T9UzudENVvu9YB iTunes: 1857507 Last fm: Rancid Musicbrainz: 24f8d8a5-269b-475c-a1cb-792990b0b2ee Songkick: 559565 Discogs: 253307 Allmusic: mn0000335747 Deezer: 960 Genius: Rancid Editar o valor en Wikidata

Rancid está composto por Armstrong na guitarra e voces, Freeman no baixo e voces, Lars Frederiksen na guitarra e voces e Branden Steineckert na batería. A banda creárona Armstrong, Freeman e o antigo batería Brett Reed, que deixou o grupo no ano 2006 sendo substituído por Steineckert. Frederiksen uniuse a Rancid en 1993, cando a banda buscou un segundo guitarrista.

Ata a data Rancid leva editados sete álbums de estudio, un álbum compartido, un recompilatorio, dous EPs, unha serie de álbums ao vivo só vendidos online e ten aparecido nun bo feixe de discos colectivos. Levan vendidos ao redor dos 4 millóns de discos en todo o mundo, sendo a banda de punk rock independente de máis éxito de todos os tempos. O grupo acadou a fama en 1994 grazas ao seu segundo álbum, Let's Go, que tiña o sinxelo "Salvation". No ano seguinte, Rancid editou o seu traballo máis famoso, ...And Out Come the Wolves, de onde se sacaron os seus sinxelos máis coñecidos, "Roots Radicals", "Ruby Soho" e "Time Bomb". Os seus seguintes tres álbums, Life Won't Wait, Rancid e Indestructible foron aclamados pola crítica, pero non tiveron tanto éxito. O seu último traballo de estudio, Trouble Maker foi lanzado en xuño do ano 2017.

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Rancid 1993 Epitaph Records
Let's Go 1994 Epitaph Records
...And Out Come the Wolves 1995 Epitaph Records
Life Won't Wait 1998 Epitaph Records
Rancid 2000 Hellcat Records
Indestructible 2003 Hellcat Records
Let the Dominoes Fall 2009 Hellcat Records
...Honor Is All We Know 2014 Hellcat, Epitaph
Trouble Maker 2017 Hellcat, Epitaph
Tomorrow Never Comes 2023 Hellcat, Epitaph

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar