Zach Monaghan
Zachary Michael Monaghan, nado o 1 de decembro de 1992 en Palatine, Illinois, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,88 metros pode xogar nas posicións de base e escolta e dende 2022 milita no Marín Peixegalego.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1992 (31 anos) Palatine, Illinois |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 79 kg (174 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Universidade | South Dakota State (2011–2012) Minnesota State (2012–2015) |
NBA Draft | 2015 / Elección: Sen draftear |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Básquet Coruña (2015–2017) |
Traxectoria profesional editar
O 21 de xullo de 2015, anunciouse a súa fichaxe polo Básquet Coruña da LEB Ouro.[1] Tras dúas tempadas na Coruña, fichou polo Limburg United belga, pero regresou ó equipo coruñés o 2 de novembro de 2017.[2] Ó remate da tempada do seu regreso, Monaghan foi elixido pola afección coma mellor xogador do Leyma Coruña da tempada 2017/18.[3] O 12 de xullo de 2018, anunciouse a súa renovación polo Leyma Coruña por unha tempada máis.[4]
Tras unha tempada no BC Beroe búlgaro, Monaghan volveu a Coruña para comezar a súa terceira etapa no Básquet Coruña.[5]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en FEB.es (en castelán)