Zósimo de Cilicia

Zósimo foi un asceta que viviu en Cilicia no século III, venerado como santo no cristianismo.

San Zósimo
Biografía
Nacementoc. século III
Pasamentoc. século III
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica, Igrexa ortodoxa
FestividadeDiversa (ver artigo)

Vida editar

Foi torturado na persecución relixiosa baixo o emperador Diocleciano, mais a tortura non o afastou da fe cristiá. O feito de que, segundo a tradición, as torturas non lle deixasen feridas, levou á conversión do seu gardián Atanasio, quen tería aceptado o cristianismo e pedido o bautismo. Logo da súa liberación, os dous viviron como eremitas.

Veneración editar

Zósimo de Cilicia é venerado tanto no catolicismo como na ortodoxia. Na Igrexa latina a súa festividade celébrase o 3 de xaneiro, mentres que as Igrexas orientais (ortodoxas e católicas) celébrase o 4 de febreiro. Nas edicións mais modernas do Martiroloxio Romano non aparece,[1] mais en edicións anteriores mencionábase no 3 de xaneiro:

En Cilicia, os santos mártires Zósimo, e o protonotario Atanasio.[2]

Notas editar

  1. Conferencia Episcopal Italiana, ed. (2004). Martirologio Romano (PDF) (en italiano). Roma: Libreria Editrice Vaticana. pp. 107–108. ISBN 978-88-209-7925-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2018.  Arquivado 23 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
  2. Roman Martyrology (en inglés). Newman Bookshop. 1946. p. 3. In Cilicia, the holy martyrs Zozimus, and the notary Athanasius.