You Xie

You Xie (謝盛友), nado en Hainan, na China o 1 de outubro de 1958, é un político alemán, candidato ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, xornalista e autor de orixe chinesa. Ten nacionalidade alemá dende 2010.[1]

You Xie
CSU YouXie.jpg
Nacemento1 de outubro de 1958
Lugar de nacementoHainan
NacionalidadeAlemaña
Alma máterSun Yat-sen University e Universidade de Bamberg
Ocupaciónxornalista, autor, tradutor e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

You Xie era fillo dun banqueiro e dunha mestra de escola de primaria. Naceu nunha época de fames na China. Medrou durrante a Revolución Cultural e, por iso, non puido asisir á escola senón que houbo traballar no campo. De 1979 a 1983 estudou alemán e inglés na Universidade Sun Yat-Sen de Guangzhou. Tras graduarse, traballou como intérprete para Volkswagen en Shanghai.[2]

En 1988, marchou estudar lingua e literatura alemás, periodismo e etnoloxía europea na Universidade Otto-Friedrich de Bamberg, Alemaña, onde se graduou, en 1993, cunha tese sobre as políticas de prensa do Partido Comunista chinés. Posteriormente, entre 1993 a 1996, estudou Dereito na Universidade Friedrich-Alexander de Erlangen-Nuremberg.[3]

En 1989, Xie foi presidente da Asociación de estudantes e académicos chineses en Alemaña. En 1999, fundou o único periódico mensual en chinés que se editaba en Europa, o "European Chinese News", que se publicou até 2011.[1] Dende 2006, tamén, foi editor da revista cristiá "Overseas Campus".[4]

En 2010, foi seleccionado entre os "100 principais intelectuais públicos chinos" polo periódico chinés "Southern Weekly".[5] Uniuse á CSU en 2012[1] e o 20 de abril de 2013, foi seleccionado como candidato para comité executivo do distrito por membros da Unión Social Cristiana (CSU) obtendo 141 de 220 votos, o mellor resultado de tódolos candidatos que se presentaban.[5] En 2014, Xie fue elixido como concelleiro no concello de Bamberg coa maior cantidade de votos de tódolos candidatos da CSU.[6]

Vida familiarEditar

You Xie é protestante e está casado con Shenhua Xie Zhang. Vive en Bamberg, onde dirixe un bar para estudantes, o China Fan Imbiss.[1]

Obras seleccionadasEditar

Premios e recoñecementosEditar

  • Premio Central Daily News , Taipei 1994
  • Premio de Literatura en Lengua China PIAOMU (Ensayo), Nanking 2014[8]
  • Premio Lotus de Literatura en Lingua Chinesa (Poesía), Beijing 2016
  • Premio do diario China Times na categoría "Poema",[9] Hong Kong 2020[10]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Auer, Katja (14 de marzo de 2014). "Ente gut, alles gut". sueddeutsche.de (en alemán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (18 de marzo de 2014). "You Xie - der Senkrechtstarter der Bamberger CSU". infranken.de (en alemán). Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  3. Groß, Simon (12 de xaneiro de 2015). "Ein Abend im Exil – Von alter und neuer Heimat". ottfried.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de xaneirro de 2021. 
  4. Mayer, Till (12 de novembro de 2011). "Anker in der neuen Heimat". taz.de (en alemán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Kalhoff, Maximilian (6 de xullo de 2013). "Frag nicht, was deine neue Heimat für dich tun kann". faz.net (en alemán). Archived from the original on 10 de xullo de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  6. "Ergebnis zur Stadtratswahl 2014 am 16.03.2014". wahlen.bamberg.de (en alemán). 16 de marzo de 2004. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  7. "Ergebnis der Suche nach: idn=976593076". dnb.de (en alemán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  8. "摘要: 孙兴利 “漂母杯”全球华文散文诗歌大赛首度走出国门,在欧洲续缘中华母爱。2014年11月10日晚上,由江苏淮安市淮阴区人民政府、淮安市外办、慕敏德中文化交流协会、汉堡大学孔子学院联合举办的第六届“漂母杯”全球 ...". huashangbao.com (en chinés). 18 de novembro de 2014. Archived from the original on 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  9. Redacción (28 de decembro de 2020). "【2020】首届(香港)紫荆花诗歌奖暨全球抗疫诗歌公益大赛揭晓". cthks.com (en chinés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  10. "全球抗疫诗歌公益大赛入选作品:谢盛友(德國)-李文亮". cthks.com (en chinés). 23 de maio de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar