Yeelen

filme de 1987 dirixido por Souleymane Cissé

Yeelen (do bambara "brillo"/"luz") é un filme maliano de 1987 dirixido por Souleymane Cissé. É unha coprodución entre Malí, Burkina Faso, Francia e Alemaña Occidental. Foi rodado en lingua bambara e fula, e está baseado nunha lenda tradicional do pobo bambara. Aínda que está ambientado nunha época indefinida, está posiblemente ambientado no Imperio de Malí do século XIII.

Yeelen
Ficha técnica
Título orixinalYeelen
DirectorSouleymane Cissé
ProdutorSouleymane Cissé
GuiónSouleymane Cissé
IntérpretesIssiaka Kane
Aoua Sangare
Niamanto Sanogo
MúsicaSalif Keita
Michel Portal
FotografíaJean-Noël Ferragut
Jean-Michel Humeau
EstreaFestival de Cannes: maio de 1987
Duración105 minutos
OrixeMali Malí
Burkina Faso Burkina Faso
Flag of France.svg Francia
República Federal de Alemaña República Federal Alemá
XéneroFantasía e aventuras

Está protagonizado por Issiaka Kane no papel de Nianankoro, un home que posúe poderes máxicos. Niamanto Sanogo interpreta o papel do pai de Niankoro que segue ó seu fillo a través das terras dos bambara, dos fula e dos dogon usando un madeiro máxico para guiarse.

Yeelen foi un éxito da crítica, e foi galardoado co Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1987.[1] Foi nomeado á Palma de Ouro ese mesmo ano.

PersonaxesEditar

  • Issiaka Kane como Nianankoro
  • Aoua Sangare como Attou
  • Niamanto Sanogo como Soma / Djigui
  • Balla Moussa Keita como Rouma Boll, rei fula
  • Soumba Traore como Mah
  • Ismaila Sarr como Bofing
  • Youssouf Tenin Cissé como Le petit garcon d'Attou
  • Koke Sangare como xefe Komo

NotasEditar

  1. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Yeelen". Consultado o 19 de xullo de 2009. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Samuel Lelièvre, La Lumière de Souleymane Cissé. Cinéma et Culture, París, L'Harmattan, 2013 (ISBN 978-2-343-00201-9).

Ligazóns externasEditar