Vash
Yan Jia (chinés simplificado: 严嘉; pinyin: Yán Jiā), coñecido artisticamente como Vash, é un director de cinema chinés contemporáneo.[1] Nado o 22 de agosto de 1985 en Guiyang, provincia de Guizhou, é coñecido internacionalmente polo filme Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng (2019), protagonizado por Jackie Chan.[1][2] Esta película foi proxectada no Festival Nits de Cinema Oriental de Vic, con subtítulos en catalán.[3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1985 Guiyang, provincia de Guizhou, China |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Ocupación | Director de cine |
Traxectoria editar
Yan Jia estudou deseño de interiores no Reino Unido.[1] Posteriormente, volveu a China para estudar cinema en Shanghai.[1] Alí, traballou na rodaxe das películas Mission: Impossible III (2006) e The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor (2008).[1] No ano 2010, participou no programa de televisión Wo yao pai dianying 我要怕电影 ("Quero facer unha película") e contribuíu aos efectos especiais de Batman: Under the Red Hood.[1][2] En 2014, coescribíu a súa primeira película 3D Shi ren chong 3D食人虫 ("Os insectos comedores de persoas 3D").[1][5] En 2019 e 2023 dirixíu as películas Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng 神探蒲松龄之兰若仙踪 ("O detective Pu Songling") e Ju ji shou 狙击手 ("O francotirador"), respectivamente.[3][6]
Filmografía editar
- 《3D食人虫》(2014)
- 《神探蒲松龄之兰若仙踪》(2019)
- 《狙击手:逆战》(2023)
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "严嘉". 豆瓣 (en chinés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 2,0 2,1 "Vash | Director, Writer, Visual Effects". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 3,0 3,1 "THE KNIGHT OF SHADOWS - EL CABALLERO DE LAS SOMBRAS". Festival Nits de cinema oriental de Vic (en castelán). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "神探蒲松龄 (Shentan Pu Songling)". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Vash (2014-10-10). "Shi ren chong". Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Vash (2023-01-13). "Ju Ji Shou: Ni Zhan". Consultado o 2023-12-03.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Ligazóns externas