Yılmaz Güney
Yılmaz Güney, nado en 1937 e finado en París en 1984, foi un escritor, actor e director kurdo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (tr) Yılmaz Pütün ![]() 1 de abril de 1937 ![]() Adana, Turquía ![]() |
Morte | 9 de setembro de 1984 ![]() XIV Distrito de París, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro de estómago ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 71 Grave of Güney (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Turquía ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Turquía ![]() |
Ocupación | director de cinema , montador , poeta , guionista , actor , produtor ![]() |
Período de actividade | 1958 ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Çirkin Kıral (Ugly King) ![]() |
Lingua | Lingua turca ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Cónxuxe | Nebahat Çehre (1967–1968) |
Condenado por | asasinato (1974) ![]() |
Cronoloxía | |
13 de setembro de 1984 | Funeral ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNado nunha vila próxima a Adana, no seo dunha familia kurda, estudou dereito e económicas nas universidades de Ancara e Istambul, pero aos 21 entrou en contacto cun feixe de directores novos entre os que estaba Atıf Yılmaz, que pretendía superar o cinema turco feito ata entón con outro que reflectise a realidade social do país. Yılmaz Güney traballou primeiro como asistente de Atıf Yılmaz ata que se consagrou como actor, un dos máis recoñecidos da época.
En 1961 foi condenado a 18 meses de prisión acusado de escribir unha novela comunista, en 1965 comeza a dirixir, en 1968 forma a súa propia produtora, Güney Filmcilik. Foi arrestado de novo en 1972. En 1981 foxe da prisión e establécese en Francia e en 1982 gaña o Festival de Cannes por O camiño. En 1984 morre no exilio en París, e ata 1992 non se permitiron os seus filmes en Turquía.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yılmaz Güney |