Xurxo de Pisidia foi un escritor grego. O seu xentilicio aparece escrito de varias formas: Πισσίδον, Πισίδου, Πισιδίου, Πησίδου, Πησίδη, Πισσίδους, Πισίδους, e en latín como Pisides e Pisida.

Xurxo de Pisidia
Nacemento580
Lugar de nacementoPisidia
Falecemento634
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpoeta e escritor
Coñecido porOfficial history of the Persian war
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Pisidia e viviu en tempos do emperador Heraclio (610-641) e do patriarca Serxio (610-639). É mencionado como diácono e Χαρτοφύλαξ (cartofilax ou rexistrador) ou Σκευοφύλαξ, (esqueuofilax, portador dos vasos sagrados) da grande igrexa de Constantinopla. Nicéforo Calisto chamouno "refendario" (ῥεφενδάριος). Acompañou ao emperador Heracliο á súa primeira expedición contra os persas o 622.

Obras editar

As obras que se conservan deste autor son:

  • Εἰς τὴν κατὰ Περσῶν Ἐκστρατείαν Ἡρακλείον τοῦ Βασιλέως, ἀκροάσεις τρεῖς, De Expeditione Heraclii Imperatoris contra Persas Libri tres.
  • Πόλεμος Ἀβαρικός, ou Ἀβαρικά, Bellum Avaricum, ou Avarica; ou (nome enteiro) Εἰς τὴν γενομένην ἔφοδον τῶν Βαρβαρῶν καὶ εἰς τὴν αὐρῶν ἀστυχίαν ἤτοι ἔκθεσις τοῦ γενομένου πολέμου εἰς τὸ τεῖχος τῆς Κωνσταντινουπόλεως μεταξὺ Ἀβάρων καὶ τῶν Πολίτων, De invasione facta a barbaris ac de frustrato eorum consilio, sive expositio belli quod gestum est ad moenia Constantinopoleos inter Abares et Cives. Esta obra describe o ataque dos ávaros en Constantinopla e como foron rexeitados (626) estando ausente Heraclio e cos persas ocupando Calcedonia.
  • Ἀκάθιστος Ὕμνος, Hymnus Acathistus, conmemoración da vitoria sobre os ávaros.
  • Εἰς τὴς ἁγίαν τοῦ Χριστοῦ τοῦ Θεοῦ ἡμῶν ἀνάστασιν In Sanetam Jesu Christi, Dei Nostri, Resurrectionem. Poema en 129 trímetros iámbicos escrito sobre o 627.
  • Εἰς Ἡράκλειον τὸν Βασιλέα, De Heraclio Imperatore, comunmente chamada Ἡρακλιάς Heraclias, ou Ἡρακλιάδος Ἀκροάσεις δύω, Heracliadis Libri Dúo. Tamén é coñecida como ἤτοι εἰς τὴν τέλειαν πτῶσιν Χοσπόου Βασιλέως Περσῶν Sive de Extremo Chosroae Persarum Regis Excidio. Escrita sobre o 628.
  • Ἑξαήμερον ἤτοι Κοσμουργία, Opus Sex Dierum seu Mundi Opificium. Poema de 1910 trímetros iámbicos.
  • Εἰς τὸν μάταιον Βίον, De Vanitate Vitae. Poema de 262 versos iámbicos.
  • Κατὰ Σευήρον Contra Severum ou Κατὰ δυσσεβοῦς Σευήρον Ἀντιοχείας, Contra Imperium Severum Antiochiae . Poema de 731 versos iámbicos.
  • Ἐγκώμιον εἰς τὸν ἅγιον Ἀναστάσιον μάρτυρα, Encomium in Sanctum Anastasium Martyrem; ou máis cumprido Βίος καὶ πολιτεία καὶ ἄθληδις τοῦ ἁγίου καὶ ἐνδόσου ὁσίον μάρτυρος Ἀναστασίου τοῦ μαρτυρήσαντος ἐν Πέρσιδι, Vita, Institutum, et Certamen Sancti, Gloriosi, et Venerabilis Martyris Anastasii, qui in Perside Martyrium passus est.
  • Εἰς τὸν ἐν Βλαχέρναις ναὸν In Templum Deiparae Constantinopoli in Blachernis situm; poema curto en verso iámbico.

Escribiu outras obras que non se conservan pero son mencionadas por outros autores como Teófanes Isáurico na súa Chonographia, Suídas no Lexicon, Xurxo Cedreno no Compendium, Nicéforo Calisto na súa Historia Ecclesiastica, e Xoán Tzetzes nos Commentarii.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar