Xunta Superior de Galicia (1836)
A Xunta Superior de Galicia de 1836 foi unha xunta constituída na cidade da Coruña polos carlistas galegos, ao comezo da primeira guerra carlista, e que foi presidida por Xosé María Bermúdez Acevedo, Señor de Ramiráns e Vilardefrancos, así como Rexedor Perpetuo de Ferrol.
Xunta Superior de Galicia (1836) | |||
---|---|---|---|
Tipo | organización ![]() | ||
Ideoloxía política | carlismo ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1836 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | A Coruña ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta de Galicia (homónimos).
En 1836 Xosé María Bermúdez que, xunto a súa esposa, Xacoba de Cisneros Puga, máis coñecida como a Condesa de Gimonde, foron dos máis fervorosos partidarios galegos do infante Carlos María Isidro de Borbón, o irmán de Fernando VII, tratou de organizar unhas milicias galegas para proclamar rei de España ao Duque de Molina, o infante Carlos, en detrimento da súa sobriña Isabel II.[1]
Notas
editar- ↑ Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1976): El carlismo gallego. Santiago: Pico Sacro. (Obra revisada e reeditada en 2008, e publicada en galego como O carlismo galego en Laiovento).