Xulia Drusila en latín Iulia Drusilla, nada en Abitarvium (Xermania) o 16 de setembro de 16 e finada o 10 de xuño de 38, foi unha nobre romana, filla de Xermánico e Agripina a maior, irmá de Calígula.

Modelo:BiografíaXulia Drusila

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Drusilla Editar o valor en Wikidata
Nome póstumoDiva Drusilla Panthea Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 16 Editar o valor en Wikidata
Confluentes, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 38 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Augusto Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xulio-Claudia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLúcio Cássio Longino
Marcus Aemilius Lepidus Editar o valor en Wikidata
PaisGermânico Editar o valor en Wikidata  e Agripina Editar o valor en Wikidata
IrmánsJúlia Lívila
Agripina Minor
Calígula
Nero (filho de Germânico)
Druso César
Gaius Julius Caesar Germanicus Major
Tiberius Julius Caesar Germanicus
Ignotus Julius Caesar Germanicus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 190201855 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Desde cativa estivo rodeada de intrigas familiares, como as que remataron coa vida do seu pai e irmáns máis vellos. Acompañaría á súa nai Agripina a Maior no seu exilio na illa de Pandataria do mesmo xeito que o resto das súas irmás.

No ano 34, xa en Roma, contraeu matrimonio con Lucio Casio Longino, de quen se divorciou no 37 por intercesión do seu irmán Calígula. Para entón xa corrían os rumores que dicían que se convertera na amante favorita do seu irmán o emperador Calígula.

Posteriormente Drusila volveu casar, esta vez con Marco Emilio Lépido, o seu curmán materno, fillo de Julia Vipsania. De Lépido tamén se dicía que era amante de Macron, e que casou con Drusila por petición deste, para preservala só para o seu protector o emperador.

Cando estivo a piques de morrer debido a unha enfermidade, Drusila foi proclamada Augusta e tamén foi nomeada como a herdeira de Calígula.

Morte misteriosa

editar

O seu falecemento talvez se debese a unha febre. Con todo, dicíase entre os moitos rumores acerca da súa incerta morte que estaría embarazada do seu irmán e que este a asasinou.

Tras o seu falecemento no ano 38, Calígula ficou gravemente aflixido e organizou magníficos funerais en honra á súa amada irmá, decretando que no tempo que durase o loito a Drusila, estaría prohibido rirse e manter prácticas sexuais, entre outras extravagancias que non sentaron nada ben ao pobo de Roma.

Ademais deificou á súa irmá erguéndoa ao status de deusa co nome de Pantea e como tal se lle dedicou culto do mesmo xeito que sacerdotes.

En memoria á súa querida irmá a quen tanto amaba, Calígula poría por nome Xulia Drusila á única filla que tivo coa súa última esposa Milonia Cesonia.

Drusila no cinema

editar

O amor incestuoso que mantivo co seu irmán foi levado á pantalla grande por Tinto Brass na película Calígula de 1979 onde Teresa Ann Savoy encarnou a Drusila.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Aparece citada en libros como: