Xosé Veiga Roel
Xosé Veiga Roel, nado en Betanzos o 9 de novembro de 1894 e finado no mesmo concello o 9 de febreiro de 1976, foi un debuxante e fotógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1894 Betanzos |
Morte | 9 de febreiro de 1976 Betanzos |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo |
Traxectoria
editarDebuxante dende moi novo, fíxose famoso polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro da Irmandade da Fala de Betanzos, colaborou en Rexurdimento. Foi ilustrador de El Eco de las Mariñas e outras publicacións, revistas e programas de festas. Participou na Exposición de Arte Galego da Coruña (1923), na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago e en 1935 obtivo un diploma de honra na Exposición de Belas Artes de Ferrol. A principios dos anos cincuenta frecuentou o Café Español, onde se reunía a Peña Fotográfica da Coruña e descubriu a fotografía. Instalou un laboratorio na súa casa e dedicoudose a esta práctica. Fixo fotografía documental e colaborou en Vida Gallega e Galicia. Revista Anual de Turismo. En 1957 expuxo nos salóns do Club Imperio da Coruña e en 1965 na Casa de Galicia de Madrid. Finou en Betanzos o 9 de febreiro de 1976.[1]
Recoñecementos
editarFoi nomeado fillo predilecto de Betanzos en 1980[2] e fotógrafo histórico pola Deputación da Coruña no 2023[3].
Vida persoal
editarCasou con Consuelo Sánchez Sánchez e foi pai de Silvia, José Antonio, Julio Víctor e Consolación Veiga Sánchez.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-2-1977, p. 58.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-6-1980, p. 32
- ↑ "Reportaje | El Premio Luis Ksado se ‘trasladó' al Alfonsetti para rendir homenaje a José Veiga Roel". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2023-10-17.