Xosé VII Pedro al-Tian

Xosé VII Pedro al-Tian (en árabe: يوسف بطرس التيان, Yuwsuf Butrus al-Tyan), nado en Beirut (Líbano) o 15 de marzo‎ de 1760 e finado en Qanubin o 20 de febreiro de 1820, foi o 66º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1796 até a súa renuncia o 19 de novembro de 1808, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

يوسف بطرس التيان
(Xosé VII Pedro al-Tian)
Patriarca da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento15 de marzo‎ de 1760 en Beirut, Líbano
Pasamento20 de febreiro de 1820 en Qanubin, val de Qadixa‎‎, gobernación do Líbano Setentrional, Líbano
Ordes
Consagración episcopal6 de agosto de 1786, por Xosé VI Pedro Istifan
Elixido patriarca28 de abril de 1796
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
1796 - 1808
PredecesorFilipe Pedro al-Xumail
SucesorXoán XI Pedro al-Hilu
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu en Beirut nunha importante familia maronita. Aínda novo, foi enviado a estudar ao Colexio Maronita de Roma, onde foi ordenado sacerdote en 1784. En 1786 foi nomeado bispo de Damasco, recibindo a consagración episcopal o 6 de agosto de mans do patriarca Xosé VI Pedro Istifan, e en 1788 foi nomeado vigairo patriarcal. O 28 de abril de 1796 foi elixido patriarca de Antioquía e de todo Levante.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Filipe Pedro al-Xumail
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1796 - 1808
Sucesor:
Xoán XI Pedro al-Hilu