José Puente Castro

médico e político galego
(Redirección desde «Xosé Puente Castro»)

José Puente Castro, nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1883 e finado na mesma cidade o 7 de febreiro de 1963,[1] foi un médico galego.

Modelo:BiografíaJosé Puente Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
10 de outubro de 1936 – 16 de outubro de 1936
← Manuel García DiéguezJuan Varela de Limia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Luis Puente Domínguez Editar o valor en Wikidata
Premios

Galiciana: 27899 BUSC: puente-castro-jose-1883-1964

Traxectoria

editar

Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Cirurxián, visitou centros cirúrxicos europeos e todos os anos ía a París para asistir a cursos de cirurxía. En 1926 creou un sanatorio privado en Santiago de Compostela, o sanatorio de San Agustín. Foi profesor auxiliar da Facultade de Medicina e profesor honorario da Universidade de Santiago de Compostela. Asinou o manifesto de intelectuais. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 marchou á fronte de Asturias incorporándose no Hospital de Luarca. En setembro de 1936 foi nomeado médico militar do Hospital de Guitiriz. Foi nomeado delegado civil gobernativo de Santiago de Compostela en outubro substituíndo ao comandante Manuel García Diéguez.[2] Permaneceu só uns días como Alcalde, pois o 16 de outubro o Gobernador da Coruña alegando incompatibilidade co cargo de médico de Hospital de Guitiriz ordenou substituílo por Juan Varela de Limia.[3]

Ademais da súa tese de doutoramento Grandes abscesos del hígado (1912), publicou traballos científicos en revistas especializadas e un libro sobre cirurxía vascular. Tamén publicou artigos que asinaba co pseudónimo Dr. Veritas.

Recoñecementos

editar

Foille concedida a Gran Cruz da Beneficencia e fundou unha bolsa para mozos cirurxiáns que desexaran completar a súa formación no estranxeiro.

O Concello de Santiago nomeouno fillo predilecto e púxolle o seu nome a unha praza no Ensanche da cidade.

Vida persoal

editar

Casou en maio de 1916 con Matilde Domínguez Benavides,[4] filla de Manuel Domínguez Sánchez e irmá de Manuel e José Domínguez Benavides, e entre os seus fillos tivo a José Luis Puente Domínguez.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 8-2-1963, p. 13.
  2. El Compostelano, 13-10-1936, p. 1.
  3. El Compostelano, 17-10-1936, p. 2.
  4. El Correo de Galicia, 17-5-1916, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Predecesor:
Manuel García Diéguez
  
Alcalde de Santiago de Compostela
 
1936
Sucesor:
Juan Varela de Limia