Abrir o menú principal

José Manuel Rey de Viana

bailarín e coreógrafo galego
(Redirixido desde "Xosé Manuel Rey de Viana")

José Manuel Rey de Viana, nado en Ourense en 1923 e finado na Coruña en 1995, foi un bailarín e coreógrafo galego. Foi o fundador xunto coa súa muller, Victoria Canedo, do ballet galego que leva o seu nome.

José Manuel Rey de Viana
Medalla de Galiza.svg
Ourense 07-14r Xosé Manuel Rey de Viana.JPG
Monumento a Xosé Manuel Rey de Viana, no Parque das Mercedes, en Ourense.
Nacemento1923
 Ourense
Falecemento1995
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbailarín e coreógrafo
CónxuxeVictoria Canedo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse con oito anos no baile. Percorreu diversas escolas de danza europeas. En 1949, xunto coa súa muller, tamén bailarina, fundou o Ballet Galego Rey de Viana co obxectivo de dar a coñecer o folclore galego. A súa primeira actuación foi na Coruña en 1955[1].

En 1964 actuou no pavillón español da Feira Mundial de Nova York. En 1971 a dirección do Ballet foi cedida á Deputación da Coruña. Aos 65 anos tivo que xubilarse por esixencia da Deputación facendo unha folga de fame e unha manifestación artística nos xardíns de Méndez Núñez. O Ballet pasou a estar baixo dirección da Xunta[2].

RecoñecementosEditar

NotasEditar