Abrir o menú principal

Xosé Antón López Fernández é un avogado e ex-político galego de Compromiso por Galicia.

Xosé Antón López
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e exerce como avogado nun despacho de Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Veciños Compostela Vella ata o ano 2008 ao entrar no PSdeG-PSOE e presentarse ás eleccións da executiva local polo sector crítico a Bernardino Rama, logrando entrar no Comité Nacional galego.[1] En 2010 entrou na executiva local de Xosé Sánchez Bugallo como secretario de comunicación.[2]

No ano 2014 incorporouse a Compromiso por Galicia,[3] gañando posteriormente as primarias de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santiago de Compostela nas eleccións locais de 2015.[4] Unha vez fracasada a opción defendida por el en acudir as eleccións á Xunta de Galicia en coalición con En Marea abandonou Compromiso por Galicia e retírase da política activa.[5]

NotasEditar