José Alonso Obregón

sacerdote, escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Xosé Alonso Obregón»)

José Alonso Obregón, nado en Laza o 13 de febreiro de 1883 e finado no mesmo concello en decembro de 1936, foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.

Modelo:BiografíaJosé Alonso Obregón
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Laza, España Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Laza, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1370432 BUSC: o-fidalgo-de-monterrey-1883-1936

Traxectoria

editar

Sacerdote, foi párroco de Taborda até 1911 e colaborou en La Voz del Tecla. Trasladouse despois á parroquia de Cerdedelo, á do Castro de Laza e á de Xinzo de Limia. Asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey. Reuniu varios cadros en galego na obra narrativa costumista N-a miña aldea, que se publicou en Ourense en 1928; nese texto está a primeira descrición dos peliqueiros do entroido de Laza.[1] Colaborou en El Compostelano e Heraldo de Galicia.

  • N-a miña aldea, 1928.
  1. Amado Rolán, Nieves (febreiro de 2011). "Os antigos traxes de peliqueiro de Laza". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar