Abrir o menú principal

Xoán Ramón Fernández Pacios

historiador galego

Xoán Ramón Fernández Pacios, nado en Foz en 1965, é un historiador galego.

Xoán Ramón Fernández Pacios
Nacemento1965
 Foz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1990 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Historia Contemporánea. É habitual articulista e conferenciante sobre temática histórica, en especial sobre materias relacionadas coa Mariña lucense, participou como Secretario nas Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central desde a súa primeira edición no ano 2004 e como Comisario da exposición Foz e a súa historia. Na actualidade é presidente da asociación cultural A Pomba do Arco de Foz e o encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo.

ObraEditar

EnsaioEditar

  • Recompilación da memoria histórico-local do concello de Foz (Deputación de Lugo, 1993). ISBN 978-84-86824-22-2
  • O Camiño de Santiago na Mariña Lucense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004). ISBN 978-84-688-6455-2
  • O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo: I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central (Deputación de Lugo, 2006; coordinador). ISBN 978-84-8192-344-3
  • San Gonzalo. Bispo Mindoniense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2008). ISBN 978-84-8341-229-9
  • Hospitalidade e peregrinación. O camiño do norte na Mariña luguesa (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2009). ISBN 978-84-612-9349-0
  • Camiño do mar (Deputación de Lugo, 2011). ISBN 978-84-8192-668-X

ArtigosEditar

  • "Usos e costumes da freguesía de San Martín de Xuvia (1759-1794)". Estudios Mindonienses nº 21, 2005.
  • "Poboación e Igrexa no Bispado de Mondoñedo en 1782" Estudios Mindonienses nº 23, 2007[1]

NotasEditar

  1. Fernández Pacios, Xoán Ramón (2007). "Poboación e Igrexa no Bispado de Mondoñedo en 1782" (PDF). Estudios mindonienses. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar