Xoán III de Trebisonda
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xoán III.
Xoán III Comneno (en grego: Ἰωάννης Γ΄ Μέγας Κομνηνός, Iōánnēs III Mégas Komnēnós), nado c. 1321 e finado en 1362, foi emperador de Trebisonda desde o 4 de setembro de 1342 até o 3 de maio de 1344.
Xoán III de Trebisonda | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1321 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | marzo de 1362 |
Lugar de falecemento | Sinope |
Nacionalidade | Imperio de Trebisonda e Imperio Bizantino |
Ocupación | gobernante |
Pai | Miguel de Trebisonda |
Nai | Acropolitissa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi fillo do emperador Miguel de Trebisonda (que reinara por un día en 1341) e Acropolitissa, filla de Constantino Acropolites. O 4 de setembro de 1342 Xoán III derrocou a Ana de Trebisonda (1341- 1342) e ascendeu ao trono, co apoio da familia Escolarios. En maio de 1344 foi derrocado polo seu pai Miguel de Trebisonda (1344-1349).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.