Unha xiringa[1] (do grego syrinx, "tubo") é un produto sanitario que está composto por un émbolo inserido nun tubo, que ten unha pequena abertura nun dos seus extremos. As xiringas son empregadas para introducir pequenas cantidades de gases ou líquidos en áreas que son inaccesibles. Polo xeral, énchese introducindo a agulla no líquido e estirando o émbolo. A continuación, coa agulla cara a arriba, prémese o émbolo para expulsar as burbullas de aire que quedaran, e a continuación, introdúcese a agulla e expúlsase o líquido premendo o émbolo. O proceso de administración dunha substancia cunha xiringa chámase inxección.

Unha xiringa estándar.
Xiringa de vidro.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xiringa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hans-Jürgen Bässler und Frank Lehmann : Containment Technology: Progress in the Pharmaceutical and Food Processing Industry. Springer, Berlin 2013, ISBN 978-3642392917

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.