Un xerbo[1] é un pequeno mamífero da orde rodentia. Coñecidos coma esquíos pequenos do deserto, a familia dos xerbos posúe 89 especies de roedores en África e Asia. Todos eles adaptados a ambientes áridos. A maioría son primariamente nocturnos e omnívoros.

Caveira de xerbo.

Un dos xerbos máis coñecidos é o Meriones unguiculatus ou xerbo de Mongolia, que pasou de ser un animal de laboratorio a animal de compaña e é posíbel atopalos en moitas tendas de mascotas na actualidade.

Os xerbos miden aproximadamente entre 15 e 30 cm., a cola é aproximadamente a metade do seu tamaño total. Porén, a especie Rhombomys Opimus, nativa do Turkmenistán, pode chegar ós 40 cm. de longo.

NotasEditar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.