Xeración de electricidade
A xeración de enerxía eléctrica consiste en transformar algunha clase de enerxía (química, cinética, térmica o lumínica, nuclear, solar entre outras), en enerxía eléctrica. Para a xeración industrial recorrese a instalacións denominadas centrais eléctricas, que executan algunha das transformacións citadas. Estas constitúen o primeiro elo do sistema de subministración eléctrica. A xeración eléctrica realízase, basicamente, mediante un xerador; se ben estes non difiren entre si en canto ao seu principio de funcionamento, varían en función á forma en que se accionan.

Desde que se descubriu a corrente alterna e a forma de producila nos alternadores, levouse a cabo unha inmensa actividade tecnolóxica para levar a enerxía eléctrica a todos os lugares habitados do mundo, polo que, xunto á construción de grandes e variadas centrais eléctricas, se construíron sofisticadas redes de transporte e sistemas de distribución. Porén, o aproveitamento foi e segue sendo moi desigual en todo o planeta. Así, os países industrializados ou do primeiro mundo son grandes consumidores de enerxía eléctrica, mentres que os países en vías de desenvolvemento apenas desfrutan das súas vantaxes.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xeración de electricidade |