Xeración Illada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Xeración Illada é o nome dun grupo de escritores en lingua galega, nados principalmente entre finais da década dos cincuenta e principios dos oitenta. Estes autores practican distintos xéneros literarios (ensaio, narrativa, poesía, banda deseñada...) e, á parte das súas publicacións individuais, teñen como medio de expresión común a Revista Inviable, publicación periódica dixital fundada en Ourense en marzo do 2020 por Jorge Emilio Bóveda (creador do termo "Xeración Illada"), Eladio Medel e Francisco Javier Fontenla. Ademais dos fundadores da revista, a Xeración Illada inclúe outros moitos membros, como Ramón Caride, David Gándara, Xerardo Méndez, Carlos Rego e un longo etcétera, todos eles colaboradores da devandita revista. O nome do grupo fai referencia ao relativo "illamento" dos seus membros antes de formar unha fronte común coa fundación da revista Inviable.