Abrir o menú principal

Xente de mala morte

libro de relatos de Alfonso Álvarez Cáccamo

Xente de mala morte é un libro escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado en 1993, gañador do premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa.

Título orixinalXente de mala morte
Autor/aAlfonso Álvarez Cáccamo
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)relatos
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1993
Formatoedición rústica con lapelas cosida a fío
ISBNISBN 84-7154-890-9

TramaEditar

Consta de oito relatos que narran historias pouco comúns e mesmo fantásticas, protagonizadas por xente de todo tipo.

  • "Entraron as moscas" fala de Felipe, un home cunha mente infantil, que vive coa súa nai. Encántalle xogar coas etiquetas dos produtos do colmado. Ten unha feixe de personaxes, cos que forma familias. Pero un día, sen querelo, provoca un incendio mentres xogaba á guerra. Decide que dado que os seus soldados morreron o capitán tamén debe facelo, e intenta suicidarse cun matamoscas.
  • "Na corda frouxa" conta a historia dun señor maior, co corazón feble, que olla un bebé pendurando dun tendal da roupa nun sexto piso. É unha noite escura e chuvosa, e malia intentar avisar ós veciños do bloque, todos están máis pendentes dun importante partido de fútbol que dun vello borracho. Tras diferentes intentos, e logo de rifar cun taxista e cun maleante, decátase de que o que pendura é un boneco. Pero pola fiestra da vivenda ve como o home da casa lle pega á muller, molesto pola derrota do seu equipo preferido.
  • "A moto" fala de Lucas Freixomil e da súa Ducati-250 Le Mans. A moto é a súa paixón. Móntaa e desmóntaa acotío, para vela por dentro, acariñando cada peza. Pero un día non consegue arrancala. Tras varios días e noites fozando nela, deixando de comer e bebendo bastante, intenta poñela en marcha deixándose ir por unha costa abaixo, pero rematando no mar tras caer no peirao.
  • "Q.E.P.D." conta a historia de Quintiliana Emilia Pérez Domínguez, unha muller maior de vida sinxela e rutineira. Solitaria, o seu maior entretemento vespertino é asistir a velorios e enterros. Pero unha tarde non lle deixan entrar nun, e tras vagar pola súa vila, algo que nunca fixera, decide chamar a un anuncio que mirara na prensa: é dunha asociación que axuda a xente como ela, pouco produtiva para a sociedade, a se suicidaren e pór fin a unha vida anódina.
  • "R.I.P." trata sobre a nota que deixou Ricardo Iglesias Pumarín ó notario antes de se suicidar. Nela dá instrucións para a súa familia. Traballaba como restaurador de arte, e deixa escrito que se suicidou logo de que unhas cabras esnaquizaran un importante cadro no que levaba tres anos traballando. Pero o certo, e que deixa escrito noutra carta que só pode ler a súa muller, é que tiña unha enfermidade terminal, e que o cadro esnaquizado era unha falsificación súa. O cadro auténtico serve para deixarlle á súa muller un bo retiro na xubilación.
  • "Os engados de Ghérmelin" fala dunha cea en casa de Manoel Rúa, un novo rico. Pero á súa muller váiselle a lingua e dille ó xefe de Manoel, don Antón, que ten inicios de cancro de páncreas e que non lle queda moito de vida.
  • "Non transmisible" conta unha conversa entre Paula Dudú (unha bailarina), e un amigo seu, que lle quere sacar información sobre Víctor. Víctor é un cliente de Paula que está en prisión por abusar da súa medio filla, e o amigo, celoso, quere saber se tiña algún vicio cando practicaba o sexo con Paula.
  • "O centauro" fala de Manolo Reigosa, un vendedor de entradas de cine que, logo de anos de travestirrse e ser homosexual, muda de vida e decide actuar como un centauro. Comeza a relinchar, a comer herba, a andar a catro patas, deixar medrar a barba e durmir sobre palla. Pero se sente só. Logo duns meses de intentar contactar con outros centauros, unha noite de borracheira cre ver a un pola fiestra, polo que bebe media botella máis de augardente e, tras abrigarse, baixa para, por fin, ser feliz xunto a outro centauro.

Os oito relatos, algúns con máis diálogos e outros con menos, están ligados polo humor negro referido á morte. Están ambientados na actualidade (con referencias ás Olimpíadas de Barcelona 1992), pero ben poderían estar localizados noutras épocas. Algúns sitúanse en cidades, outros en vilas e outros no rural, pero o importante sempre é a xente. As relacións entre as persoas e as relacións coa morte.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar