Xavier Espot Zamora
Xavier Espot Zamora, nado en Escaldes-Engordany o 30 de outubro de 1979, é un político andorrano, actual xefe de goberno do Principado de Andorra.
Xavier Espot Zamora | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de outubro de 1979 |
Lugar de nacemento | Escaldes-Engordany |
Nacionalidade | Andorra |
Alma máter | Esade, Universidade Ramon Llull e ESADE Business School |
Ocupación | político e xurista |
Pai | Xavier Espot Miró |
Nai | Melània Zamora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Xavier Espot Zamora naceu o 30 de outubro de 1979 en Escaldes-Engordany.
Realizou os seus estudos superiores en Barcelona, graduouse en Dereito pola Facultade da ESADE, na Universidade Ramon Llull. Tamén completou o máster en Dereito na mesma facultade e ao mesmo tempo completou o título de Licenciado en Humanidades tamén na Universidade Ramon Llull.
Entre setembro de 2004 e xuño de 2008 foi secretario xudicial da Batllia de Andorra e, entre xullo e decembro de 2008, foi secretario do Tribunal de Xustiza de Andorra. En 2009 traballou como batlle en prácticas no Tribunal de Grande Instance de Tolosa e no Tribunal de Primeira Instancia de Barcelona. Antes de ingresar ao goberno, exerceu como batlle andorrano na división civil número 2, na sección de menores número 2 e na antiga sección de instrución número 5.
En 2011 ingresou no Goberno de Andorra, presidido por Antoni Martí Petit como Secretario de Estado de Xustiza e Interior, baixo o mandato ministerial de Marc Vila Amigó.[1] En 2012 pasou a ser Ministro de Xustiza e Interior do Principado de Andorra, engadindo máis adiante, en xaneiro de 2016, a carteira de Asuntos Sociais, sucedendo a Rosa Ferrer.
O 16 de maio de 2019 foi proclamado xefe de goberno polo Consello Xeral de Andorra.[2]
Carreira política Editar
- 2019 - presente : Xefe de Goberno do Principado de Andorra
- 2012 - 2019 : Ministro de Xustiza e Interior
- 2011 - 2012 : Secretario de Estado de Xustiza e Asuntos Internos
Distincións honoríficas Editar
- Presidente de honor (Gran Mestre) da Orde de Carlomagno, Principado de Andorra (2019-presente).
Notas Editar
- ↑ "Decreto do 16-10-2011 de nomenamento do Sr. Xavier Espot Zamora como secretario de Estado de Xustiza e Interior." (en catalán). Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ "Xavier Espot (DA) es proclamado nuevo jefe de Gobierno de Andorra" (en castelán). 15 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Espot Zamora |