Xavier Calicó i Rebull

numismático catalán


Francesc Xavier Calicó i Rebull, nado o 22 de agosto de 1907 en Barcelona e finado o 1 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático catalán.[1][2]

Infotaula de personaFrancesc Xavier Calicó i Rebull
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1907.
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1983 (75 anos)
Barcelona.
Cataluña.
Secretario Xeral Asociación Numismática Española
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Española
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , investigador , escritor Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1629347

Traxectoria editar

Xavier Calicó foi continuador do negocio numismático familiar establecido na Plaça del Àngel de Barcelona, xunto co seu irmán Ferran.[2]

 
Establecemento numismático dos irmáns Ferrán e Xavier Calicó en Barcelona

Paralelamente ao aspecto comercial, Calicó foi un activo promotor do coñecemento numismático tanto a través das súas publicacións como mediante o seu papel de organizador en varias edicións da Exposición Nacional de Numismática e do Congreso Nacional de Numismática, así como coa súa participación en diversas entidades asociativas.[2]

Xavier Calicó foi un dos socios fundadores da Asociación Numismática Española (ANE) en 1955, entidade da que foi o seu primeiro secretario xeral e da que en 1980 foi nomeado socio de honra. Tamén foi un dos responsables da creación do órgano de expresión da ANE, a revisata Gaceta Numismática, da que foi director, así como doutras publicacións periódicas, como Numisma, en 1951.[2]

A nivel internacional, foi tamén un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP), en 1951, que presidiu e da que foi nomeado presidente de honra, e presidiu tamén o primeiro Congreso Internacional de Estudo e Defensa contra as Falsificacións Monetarias (París, 1965).[2]

Publicacións editar

F. Xavier Calicó foi un prolífico autor de artigos numismáticos, publicados maioritariamente nas revistas Numisma (máis dun cento) e Gaceta Numismática.[3][4][5]

Monografías editar

  • (1948). The Coinage of Spanish Provisional Government of 1868. Wichita-EEUU.
  • (1953). Aportación a la historia monetaria de Santa Fe de Bogotá. X. & F. Calicó, Barcelona.
  • (1966). Los florines de Aragón. X. & F. Calicó, Barcelona.
  • (1977). Monedas españolas desde Felipe V a Isabel II: años 1700 a 1868. X. & F. Calicó, Barcelona.
  • (1979). Monedas españolas desde 1868 a 1979. X. & F. Calicó, Barcelona.
  • (1983). Los denarios romanos anteriores a J.C.: y su nuevo método de clasificación. X. & F. Calicó, Barcelona.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar