Xaime Subiela
politicólogo galego
Xaime Subiela, nado en Chantada o 6 de xullo de 1969, é un politicólogo galego.
Xaime Subiela | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1969 |
Lugar de nacemento | Chantada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sociolingüista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (1996). En 1999 fundou a empresa-cooperativa Cidadanía, Rede de Aplicacións Sociais. Traballou como investigador social e consultor público en temas relacionados coa participación cidadá, planificación estratéxica, normalización lingüística, desenvolvemento sustentable e cultura. Foi Vicedecano do Colexio de politicólogos/as e sociólogos/as de Galicia. É colaborador da Radio Galega e da revista Tempos Novos. Foi Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012 coa obra Para que nos serve Galiza?[1].
Obras editar
Ensaio editar
Obras colectivas editar
- A normalización lingüística a debate, 2002, Edicións Xerais. Canda a Henrique Monteagudo, Socorro García Conde e Héctor López Ruíz de Castro.
Notas editar
- ↑ "O amiense Xaime Subiela gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012.