Socorro García Conde
Socorro García Conde, nada en 1968 na Pontenova, é unha política galega ligada ao BNG.
Socorro García Conde | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Socorro García Conde |
Nacemento | 1968 |
A Pontenova | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É veciña das Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras e ten dous fillos. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ata a súa entrada no goberno municipal desenvolveu o seu labor profesional no propio Concello de Santiago onde é técnica de normalización lingüística.
Participou na fundación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e na comisión técnica do Arquivo de Planificación Lingüística do Consello da Cultura Galega. Entre outros traballos e co-autora do volume A normalización língüística a debate (Edicións Xerais, 2002).
PolíticaEditar
Militante do BNG desde 1989 actualmente fai parte do Consello Local de Compostela, do cal foi responsábel desde 2004 ate principios do 2007. Tamén ten sido membro das direccións Nacional e Comarcal da CIG-Administración e do Consello Confederal da CIG.
No Concello de Santiago ten exercido como representante sindical pola CIG chegando a presidir o Comité de Empresa.
Entrou por primeira vez na corporación municipal de Santiago en maio de 2007 sendo Concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación ate maio de 2008. Desde ese ano é a Tenente de Alcalde de Compostela e Concelleira de Cultura e dos Centros Socioculturais. Tamén exerce como portavoz do Goberno de Santiago e Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello.
Predecesor: Néstor Rego |
Tenente Alcalde de Santiago 2008 - 2011 |
Sucesor: ' |