XXY (filme)
XXY é un filme de 2007 coproducido entre a Arxentina, España e Francia, e escrito e dirixido por Lucía Puenzo. Está protagonizado por Ricardo Darín, Valeria Bertuccelli, Inés Efron e Martín Piroyansky. O filme conta a historia dunha persoa intersexual de 15 anos, o xeito en que a súa familia afronta a súa condición e a decisión definitiva que finalmente ten que facer para definir a súa identidade de xénero.
XXY | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | XXY |
Director | Lucía Puenzo |
Produtor | Luis Puenzo José María Morales Carla Pelligra Fernando Sirianni Fabienne Vonier |
Guión | Lucía Puenzo |
Intérpretes | Ricardo Darín Valeria Bertuccelli Inés Efron Martín Piroyansky Carolina Peleritti |
Música | Andrés Goldstein Daniel Tarrab |
Fotografía | Natasha Braier |
Montaxe | Alex Zito |
Estudio | Cinéfondation Ministerio de Cultura de España |
Distribuidora | Distribution Company (Arxentina) Pyramide Distribution (Francia) |
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio 2007 14 de xuño de 2007 |
Duración | 91 minutos[1] |
Orixe | Arxentina Francia España |
Xénero | Drama |
Recadación | 2 728 869 dólares |
Na rede | |
XXY recibiu moi boas valoracións por parte da crítica, gañando o premio da Semana da Crítica no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007, así como o premio ACID/CCAS Support.[2] Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
editar- Ricardo Darín como Néstor Kraken
- Valeria Bertuccelli como Suli Kraken
- Inés Efron como Alex Kraken
- Germán Palacios como Ramiro
- Martín Piroyansky como Álvaro
- Carolina Peleritti como Erika
- Guillermo Angelelli como Juan
- César Troncoso como Washington
- Jean Pierre Reguerraz como Esteban
- Ailín Salas como Roberta
- Luciano Martín Nóbile como Vando
- Lucas Escariz como Saul
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (18 de marzo de 2008). "XXY (15)". Consultado o 15 de xuño de 2013.
- ↑ Leffler, Rebecca (26 de maio de 2007). Hollywood Reporter, ed. "Critics Week grand prize to 'XXY'". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2007.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- XXY na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)