Miranda (satélite)

(Redirección desde «X-4»)

Miranda, tamén coñecido como X-4, foi un satélite artificial do Reino Unido usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 9 de marzo de 1974 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Scout D1, aínda que orixinalmente planeouse lanzalo mediante un foguete Black Arrow.[2][4]

Miranda (X-4)
TipoDemostrador tecnolóxico.
Data de lanzamento9 de marzo de 1974, 2:22:11,4 GMT[1][2][3]
Foguete portadorScout D1[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, rampla 5[2][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][5]
NSSDC ID1974-013A
Masa92 kg[2][4][5]
DimensiónsCaixa de 83,5 cm de altura cunha base cadrada de 66,5 cm de lado.[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7128 km[1]
Inclinación97,9 graos[1]
Apoapse836,1 km[1]
Periapse665,4 km[1]

Características editar

Miranda foi un satélite estabilizado por xiro lanzado entre outras cousas para probar un sistema de xiroscopios para control de actitude e doutro sistema de xiroscopios para o control da velocidade de rotación.[2][4]

O satélite tiña forma de caixa de 83,5 cm de altura cunha base cadrada de 66,5 cm de lado. A alimentación eléctrica corre a cargo de paneis solares que despregados medían 250 cm de lonxitude e que alimentaban varias baterías.[2][4]

Miranda foi inxectado nunha órbita inicial de 710 km de perixeo e 913 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 97,8 graos e un período orbital de 101 minutos.[2][3][4]

Experimentos editar

Miranda levaba cinco experimentos a bordo:[2][4][5]

  • Un sistema de chorros de gas propano nos tres eixos para posicionamento orbital.
  • Un sensor da estrela Canopus para medir a reflectividade e as interferencias producidas polos chorros de propano.
  • Un sensor de albedo da Terra.
  • Células solares para probas de degradación por radiación.
  • Catro detectores infravermellos para avisos de eclipse para o experimento da estrela Canopus.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIRANDA (X-4)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (26 de agosto de 2014). "Miranda" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 12 April 1974 from the Permanent Representative of the United Kingdom addressed to the Secretary-General" (PDF) (74-09659). 19 de abril de 1974: 1. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Miranda (X 4)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "Miranda" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.