Wole Soyinka
Wole Soyinka (de nome completo Akinwande Oluwole Soyinka), nado en Abeokuta o 13 de xullo de 1934, é un escritor nixeriano en idioma inglés, o primeiro africano en conseguir o Premio Nobel de Literatura en 1986.
Traxectoria
editarWole Soyinka naceu en xullo do ano 1934 en Abeokuta, Nixeria. Comezou os seus estudos superiores na Universidade de Ibadán, que culminaría na Universidade de Leeds, onde retornaría na década de 1970 para conseguir un doutoramento.
Entre 1957 e 1959 traballou no Royal Court Theatre de Londres como director e actor. Neste período tamén escribiu tres obras para unha pequena compañía de actores que creara. Aínda que moitos escritores africanos rexeitaban o uso das linguas europeas debido á asociación entre Europa e a violenta colonización de África, Soyinka optou por desenvolver os seus escritos en inglés. Caracterízase por mesturar as tradicións africanas co estilo europeo, utiliza tradicións e mitos africanos e nárraos empregando formas occidentais. Sempre aproveitou as súas obras para difundir a súa postura social e política, polo cal a súa obra está chea de simbolismos (algúns sinxelos, outros bastante complexos). Este estilo acedo foi unha das causas do seu arresto en 1967.
Na década de 1960 volveu a Nixeria para estudar o teatro africano, e ese ano fundou o grupo teatral "As máscaras de 1960". Os seus traballos nesta época están tinguidos de algo de crítica social, pero polo xeral esta faise nun modo lixeiro e, ás veces, humorístico. En 1964 fundou a Compañía de Teatro Orisun. Tamén ensinou teatro e literatura nas universidades de Lagos e Ibadán. Pero en 1967 foi arrestado durante a guerra civil nixeriana por escribir un artigo no que avogaba por un armisticio. Acusado de conspiración, foi encerrado por máis de 20 meses e a finais de 1969 foi liberado.
Xa na década de 1970, liberado da prisión, a súa obra tórnase máis escura e crítica. Ataca o sistema e reflicte o sufrimento do autor e do pobo nixeriano.
En 1986 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, o primeiro escritor africano en recibilo.
Obra
editarTeatro
editar- The Swamp Dwellers (1959)
- The Lion and the Jewel (1959)
- The Trials of Brother Jero (1964)
- A Dance of the Forests
- The Strong Breed
- Before the Blackout
- Kongi's Harvest
- The Road (1969)
- The Bachaee of Euripides (1973)
- Madmen and Specialists (1970)
- Camwood on the Leaves
- Jero's Metamorphosis
- Death and the King's Horseman (1975)
- Opera Wonyosi
- Requiem for a Futurologist
- A Play of Giants
- A Scourge of Hyacinths (radio play)
- From Zia, with Love
- The Beatification of the Area Boy (1995)
- King Baabu
Novela
editarMemorias
editar- The Man Died : Prison Notes
- Aké: The Years of Childhood
- Isara: A Voyage around Essay
- Ibadan: The Penkelemes Years: a memoir 1946-65
- You Must Set Forth at Dawn
Coleccións de poesía
editar- 1967: Idanre and Other Poems
- 1969: Poems from Prison
- 1971: A Shuttle in the Crypt
- 1976: Ogun Abibiman
- 1988: Mandela's Earth and other poems
- 1999: Outsiders
- 2002: Samarkand and Other Markets I have known
Ensaio
editar- Neo-Tarzanism: The Poetics of Pseudo-Transition
- Art, Dialogue, and Outrage: Essays on Literature and Culture
- Myth, Literature and the African World
- "From Drama and the African World View"
- "Telephone Conversation"
Películas
editar- Culture in Transition
- Blues For a Prodigal