Winky Dink and You

Winky Dink and You foi un programa infantil da televisión norteamericana que emitiu a CBS entre 1953 e 1957 presentado por Jack Barry e que protagonizaba un debuxo animado de nome Winky Dink (ao que puña voz Mae Questel) e o seu can Woofer.

Winky Dink and You
Formato Programa infantil
animación
Creado por Harry Prichett
Ed Wyckoff
Presentado por Jack Barry
Día(s) de emisión Sábado
Horario de emisión 10:00
Cadea CBS
Día da estrea 10 de outubro de 1953
Última emisión 27 de abril de 1957

Na rede
IMDB: tt0045456 Editar o valor em Wikidata

Desenvolvemento editar

No programa Jack Barry e o seu incompetente compañeiro Mr. Bungle, interpretado por Dayton Allen, presentaban as aventuras de Winky Dink, caracterizado pola súa roupa a cadros, pelo crecho e grandes ollos, cada episodio animado duraba uns dez minutos. O programa foi o primeiro precedente da televisión interactiva[1], para poder interactuar co programa vendíase por correo un estoxo por 50 céntimos que contiña varios lapis de cera e un plástico de vinilo que se pegaba ao televisor grazas á electricidade estática deste, unha versión de luxo vendíase nas tendas por 2.95$[2]. En determinados momentos do programa, Winky Dink pedía axuda e os espectadores na casa podían completar o debuxo semellando que o facían na pantalla, por exemplo podía pedir cruzar un río e así había que debuxar unha ponte. Tamén se utilizaba para descodificar mensaxes completando partes das letras. O programa foi un éxito, vendéronse uns 2 millóns de estoxos pero rematou ao deixalo Jack Barry que se quería centrar nos concursos.

Secuelas editar

Entre 1969 e 1973 realizáronse 64 novos segmentos de cinco minutos dos debuxos animados que se venderon ás canles en sindicación e tamén se produciu un estoxo semellante ao de 1953. Pero diversos grupos de consumidores protestaron por considerar malo que os nenos estiveran tan preto do televisor e o programa rematou[3].

Notas editar