William Wesley Peters

arquitecto estadounidense



William Wesley Peters nado o 12 de xuño de 1912 en Terre Haute, Indiana e finado o 17 de xullo de 1991 en Madison, Wisconsin, foi un arquitecto e enxeñeiro estadounidense.

Infotaula de personaWilliam Wesley Peters

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1912 Editar o valor em Wikidata
Indiana, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 1991 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
University of Evansville (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , arquitecto Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrank Lloyd Wright Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSvetlana Alliluyeva (1970–1973)
Svetlana Hinzenberg
FillosChrese Evans (en) Traducir
 () Svetlana Alliluyeva Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargedant Peters Hayakawa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Peters-3755

Traxectoria editar

Formación e familia editar

Peters foi o maior de dous fillos que naceron de Frederick Romer Peters e Claire Adelaide Peters. A súa irmá, Margedant Peters, foi a esposa de SI Hayakawa, o noveno presidente da Universidade Estatal de San Francisco, que máis tarde representou ao estado de California no Congreso. Peters foi ao Evansville College e logo asistiu ao Massachusetts Institute of Technology durante dous anos.[1]

Carreira editar

Peters uniuse á Taliesin Fellowship, dirixida por Frank Lloyd Wright. Entre outras cousas, axudou a Wright na construción de Fallingwater e a sede de Johnson Wax. Tamén foi responsable do deseño estrutural do Museo Solomon R. Guggenheim. Deseñou o Palacio das Perlas e o Colexio Damavand, ambos construídos en Irán. Tamén deseñou a Lincoln Income Life Insurance Tower en Louisville, Kentucky.[2]

En 1935, Peters casou coa fillastra de Wright, Svetlana Hinzenberg Wright (19171946), coa que tivo dous fillos. Svetlana morreu cun dos fillos nun accidente de tráfico en 1946. Despois da morte de Wright en 1959, Peters converteuse en presidente de Taliesin Associated Architects. En 1970 casou con Svetlana Alliluyeva, filla de Joseph Stalin. A parella tvo unha filla, Olga. O matrimonio divorciouse en 1973. En 1985, Peters converteuse en presidente da Fundación Frank Lloyd Wright, cargo que ocupou até a súa morte en 1991.

Notas editar

  1. Secrest, Meryle (1998): Frank Lloyd Wright: A Biography. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-74414-8, 402.
  2. Staff. "WILLIAM PETERS DIES; ARCHITECT, ENGINEER". Buffalo News (en inglés). Consultado o 2023-03-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar