Svetlana Alliluyeva

Svetlana Alliluyeva, nada, baixo o nome Svetlana Iósifovna Stálina (en ruso: Светла́на Ио́сифовна Алилу́ева Сталина, en xeorxiano: სვეტლანა ალილუევა), en Moscova o 28 de febreiro de 1926 e finada en Richland Center (Wisconsin) o 22 de novembro de 2011, foi unha escritora rusa e a filla máis nova de Iosif Stalin. En 1967 fuxiu aos Estados Unidos.

Infotaula de personaSvetlana Alliluyeva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) სვეტლანა ალილუევა Editar o valor em Wikidata
28 de febreiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Richland Center, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1978–)
Rusia
Unión Soviética
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa ortodoxa rusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónMSU Faculty of History (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , memorialista , escritora , autobiógrafa , filóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLibro de non ficción e memorias Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Wesley Peters (1970–1973)
Ivan Svanidze (en) Traducir (1957–1959)
Yuri Zhdanov (en) Traducir (1949–1950)
Grigory Morozov (en) Traducir (1944–1947) Editar o valor em Wikidata
ParellaBrijesh Singh (pt) Traducir
Aleksej Kapler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJoseph Alliluyev (pt) Traducir
 () Grigory Morozov (en) Traducir
Yekaterina Zhdanova (en) Traducir
 () Yuri Zhdanov (en) Traducir
Chrese Evans (en) Traducir
 () William Wesley Peters Editar o valor em Wikidata
PaisIosif Stalin Editar o valor em Wikidata  e Nadezhda Alliluyeva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsYakov Dzhugashvili (pt) Traducir, Vasili Dzhugashvili (pt) Traducir, Konstantin Kuzakov (pt) Traducir, Artyom Sergeyev (pt) Traducir, Alexander Davydov (en) Traducir e unnamed boy Jughashvili(1916) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
nevozvrashchentsy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Alliluyeva-2 Find a Grave: 81144273 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Baixo a sombra de Stalin editar

Como moitos outros nenos fillos de altos cargos soviéticos, Svetlana só ocasionalmente vía aos seus pais. A súa nai, segunda dona de Stalin, Nadezhda Alliluyeva morreu o 9 de novembro de 1932, cando Svetlana tiña seis anos, non hai certeza da causa da súa morte, quizais suicidouse ou, mesmo, Stalin puido ordenar a súa morte.

Svetlana namorouse, aos 16 anos (1942), dun director de cine xudeu, Alexei Kapler. Stalin desconforme coa relación, condenou a Kepler a dez anos de traballos forzados en Siberia.

En 1943 casou con Grigori Morozov, estudante xudeu da Universidade de Moscova, despois do nacemento do seu fillo Iosif en 1945, a parella divorciouse en 1947.

Casou en 1949 con Iuri Zhdanov (fillo do home de confianza de Stalin, Andrei Zhdanov), do que tivo unha filla, Ekaterina, en 1950 antes de se divorciar.

Ata a Perestroika editar

Despois da morte do seu pai en 1953, Svetlana adoptou o apelido da súa nai e traballou como profesora e tradutora en Moscova. En 1963 coñeceu ao comunista indio, Brajesh Singh, de visita en Moscova. En 1965 Singh volve a Moscova para traballar como tradutor, pero non se lles permitiu casar. Cando Singh morreu en 1966, permitíuselle a Svetlana viaxar á India para levar as súas cinzas. Ela permaneceu durante dous meses na India.

O 6 de marzo de 1967, despois de visitar a embaixada soviética en Nova Delhi, solicitou asilo político na embaixada norteamericana. Deixou a India cara a Suíza, no que permaneceu seis semanas antes de poder viaxar aos Estados Unidos.

Na súa chegada, en abril de 1967 convocou unha rolda de prensa para denunciar o réxime do seu pai e o goberno soviético. Debido ao perfil da deserción de Svetlana e as súas conexións como filla de Stalin, o goberno soviético demandou (e obtivo en decembro de 1967) a garantía que no futuro os desertores deberían ser interrogados por oficiais soviéticos antes de que os Estados Unidos lles concedesen o asilo político.

Alliluyeva naturalizouse cidadá norteamericana e fixou a súa residencia en Spring Green, Wisconsin. Casou co arquitecto William Wesley Peters en 1970 e adoptou o nome de Lana Peters. A parella tivo unha filla, Olga, pero o matrimonio disolveuse pouco despois.

Trala caída do comunismo editar

En 1982 mudou a súa residencia para Cambridge, e en 1984 volveu á Unión Soviética, onde ela e a súa filla adquiriron de novo a cidadanía, e asentáronse en Tiflis. En 1986 Alliluyeva volveu aos Estados Unidos e máis tarde regresou a Gran Bretaña. Finalmente morreu o 22 de novembro de 2011 en Wisconsin a causa dun cáncer de colon.[1]

Obras editar

  • Twenty Letters To A Friend (autobiografía, publicada en 1967, escrita en 1963).
  • Only One Year (1969).
  • Faraway Music (1985).
  • Alien Ink: the FBI's War on Freedom of Expression (1992).

Notas editar

  1. Fallece la hija de Stalin. www.bbc.co.uk.