William George Horner
William George Horner, nado en Bristol en 1786 e finado en Bath o 22 de setembro de 1837, foi un matemático inglés.
William George Horner | |
---|---|
Nacemento | 1786 |
Lugar de nacemento | Bristol |
Falecemento | 22 de setembro de 1837 |
Lugar de falecemento | Bath |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | St John's College e Kingswood School |
Ocupación | profesor de ensino secundario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi un estudante precoz, aos 14 anos converteuse en mestre e aos 18, dirixía a mesma escola da que poucos anos era alumno. En 1809 trasladouse a Bath, onde fundou o seu propio colexio.
Como investigador, só ten no seu haber unha contribución, o chamado método Horner para resolver ecuacións alxébricas, publicado pola Royal Society en 1819. Este método acadou certa popularidade en Inglaterra e EUA grazas ao tamén matemático De Morgan, que o meteu nos seus artigos divulgativos, aínda que finalmente se popularizaría a regra de Paolo Ruffini, descrito e publicado en 1814, polo cal lle foi concedida a medalla de ouro da Italian Mathematical Society for Science.
Mais, nin Ruffini nin Horner foron os primeiros en descubrir este método, xa que Zhu Shijie o usaba cincocentos anos antes.
Despois de que morrera Horner, o seu fillo chamado tamén William Horner mantivo en funcionamento a escola de Bath.