William Congreve
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
William Congreve, nado en Bardsey, West Yorkshire o 24 de xaneiro de 1670 e finado en Londres o 19 de xaneiro de 1729, foi un dramaturgo e poeta inglés.
William Congreve | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de xaneiro de 1670 e 1670 |
Lugar de nacemento | Leeds |
Falecemento | 19 de xaneiro de 1729 e 1729 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | Abadía de Westminster |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Alma máter | Kilkenny College |
Ocupación | dramaturgo, poeta, escritor, tradutor, enxeñeiro e libretista |
Cónxuxe | Henrietta Godolphin, 2.ª Duquesa de Marlborough |
Fillos | Mary Osborne, Duchess of Leeds |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O seu pai William Congreve (1637–1708) era un partidario do rei Carlos II que se estableceu en Irlanda e alí pasou o novo Congreve a súa infancia, estudou no Trinity College en Dublín, onde coñeceu a Jonathan Swift, co que mantería amizade ata o final. Logo da súa graduación matriculouse no Middle Temple en Londres pera estudar leis, pero acabou interesándose pola literatura e o teatro, converténdose artisticamente en seguidor de John Dryden.
Carreira literariaEditar
William Congreve escribiu antes dos trinta anos, algunhas das pezas teatrais máis coñecidas do período da Restauración, as comedias Love for Love (estreada o 30 de abril de 1695) e The Way of the World ( 1700), e a traxedia, The Mourning Bride (1697). Pero os gustos do público estaban cambiando e a representación satírica da vida inglesa deu paso ao seu retrato sentimental, reaccionando o público contra o que consideraban obras indecentes pola súa natureza sexualmente explícita [1], circulando varios panfletos contra este tipo de teatro, o máis coñecido o de Jeremy Collier, Short View of the Immorality and Profaneness of the English Stage (1698), contra o que reaccionou Congreve nunha longa réplica, "Amendments of Mr. Collier's False and Imperfect Citations." Politicamente era membro do Kit-Cat Club de ideoloxía whig e ocupou algúns postos políticos de importancia menor.
Últimos anosEditar
Congreve retirouse do teatro, vivindo o resto da súa vida das rendas das súas obras, despois de 1700 tan só escribiu algún poema e realizou algunha tradución, como é o caso de Monsieur de Pourceaugnac de Molière e tamén escribiu o libreto para a ópera Semele de John Eccles que non se estraría ata o século XX. En setembro de 1728 sufriu un accidente nunha carruaxe, da que non acabou de recuperarse e morreu uns meses despois.
NotasEditar
- ↑ Cordner, Michael.(2000) "Playwright versus priest: profanity and the wit of Restoration comedy." In Deborah Payne Fisk (ed.), The Cambridge Companion to English Restoration Theatre, Cambridge: Cambridge University Press, p. 210
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Congreve |