William Beebe
Charles William Beebe, nado o 29 de xullo de 1877 e finado o 4 de xuño de 1962, foi un naturalista, explorador e escritor estadounidense.
William Beebe | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Charles William Beebe |
Nacemento | 29 de xullo de 1877 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 4 de xuño de 1962 |
Lugar de falecemento | Arima |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | explorador, ornitólogo, zoólogo, biólogo, entomólogo, biólogo mariño, conservador, ecoloxista, ictiólogo, botánico, oceanógrafo e naturalista |
Nai | Henrietta Marie Beebe |
Cónxuxe | Blair Niles |
Premios | Medalha John Burroughs e Medalha Daniel Giraud Elliot |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Brooklyn, Nova York, conservador de ornitoloxía da York Zoological Society desde 1899 ata 1952 e director do departamento de Investigación Tropical desde 1919. Escribiu moitos libros sobre as súas expedicións que foron éxitos de venda nos anos vinte e trinta. Escribiu regularmente na National Geographic Magazine. A súa A Monograph of the Pheasants (1918-1922), permanece como unha referencia clásica para o estudo dos faisáns. Encabezou expedicións a Nova Escocia, Güiana, Venezuela, Galápagos, Borneo e outras rexións.
O 22 de setembro de 1927 casou con Helen Elswyth Thane Ricker, autora de novelas románticas co sobrenome de Elswyth Thane.
O seu interese na exploración das profundidades mariñas levouno a axudar no desenvolvemento da batisfera inventada por Otis Barton.[1][2][3] En 1930 descendeu ós 183 m de profundidade nas proximidades da Illa Nonsuch nas Bermudas, onde en 1934 bateu o récord chegando ós 923 metros.[1] Beebe fixo un total de 35 inmersións no batisferio entre 1930 e 1934.[1]
En 1942 estableceu un centro para o estudo da xungla en Caripito, Venezuela. In 1950 mercou 92 ha de terra no Val de Arima en (Trinidad e Tobago), á que chamou "Simla", converténdose na Estación de Investigación Tropical da New York Zoological Society.
Nos seus últimos anos, Beebe, adoitaba observar durante horas ás aves con binoculares en Simla
ObraEditar
- Two Birds Lovers in Mexico, 1905
- The Birds: Its Form and Function, 1906
- Tropical Wild Life, 1917
- Monograph of the Pheasants, 1918-1922 (4 volumes)
- Jungle Peace, 1918
- Galápagos, World's End, 1923
- Jungle's Days, 1925
- The Arcturus Adventure: Beneath Tropic Seas, 1928
- Half Mile Down, 1934
- Book of Bays, 1942
- The Book of Naturalists, 1945
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Brand, V (1977). Submersibles - Manned and Unmanned. South Pacific Underwater Medicine Society journal, Volume 7.
- ↑ Beebe, W (1934). Half Mile Down. Harcourt Brace and Company.
- ↑ Matsen, B (2005). Descent - The Heroic Discovery of the Abyss. Pantheon Books.