William Alfred Fowler

William Alfred "Willie" Fowler, nado en Pittsburgh, EUA o 9 de agosto de 1911, finado en Pasadena o 14 de marzo de 1995, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1983.

William Alfred Fowler
Nacemento9 de agosto de 1911
Lugar de nacementoPittsburgh, Pensilvania
Falecemento14 de marzo de 1995
Lugar de falecementoPasadena
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto Tecnolóxico de California e Universidade Estatal de Ohio
Ocupaciónastrónomo, físico, profesor universitario, científico nuclear e astrofísico
Coñecido porArtigo B²FH
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Bolsa de estudos Guggenheim, Premio Nobel de Física, Lectorado Henry Norris Russell, Medalha Eddington, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla Bruce, Prêmio Tom W. Bonner de Física Nuclear, Prêmio Vetlesen, Premio Memorial Richtmyer e Karl G. Jansky Lectureship
Na rede
Musicbrainz: 13eeaba3-213a-41c0-a5b2-11231934d77f Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou física na The Ohio State University e conseguiu o doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de California.

A publicación en 1957 do seu artigo Synthesis of the Elements in Stars, realizado con Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge e Fred Hoyle, conseguiu explicar como a abundancia de todos os elementos químicos nas estrelas podían ser explicados polo proceso de nucleosíntese.

Fowler gañou o Henry Norris Russell Lectureship da Sociedade Astronómica Americana en 1963, a medalla Eddington en 1978, a medalla Bruce en 1979 e, finalmente en 1983, foi recoñecido co Premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os procesos importantes na estrutura e evolución das estrelas, premio que compartillou co físico indio Subrahmanyan Chandrasekhar.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar