Willaq Pirqa é un filme peruano de 2022 en lingua quechua[1] dirixido por César Galindo e escrito por Galindo, Augusto Cabada e Gastón Vizcarra. Conta a historia de Sistu, un mozo de 13 anos que vive nunha comunidade en Cuzco, que descobre a maxia do cinema, mais a barreira da lingua impide que os habitantes poidan gozar cos filmes.[2]

Willaq Pirqa
Ficha técnica
Título orixinalWillaq Pirqa
DirectorCésar Galindo
GuiónCésar Galindo
Augusto Cabada
Gastón Vizcarra
IntérpretesVíctor Acurio
Hermelinda Luján
Melisa Álvarez
Alder Yaurisaca
MúsicaKarin Zielinski9
FotografíaJuan Durán
Estrea 8 de decembro de 2022
Duración89 minutos
Orixe Perú
XéneroComedia e drama
Na rede
IMDB: tt24247154 Filmaffinity: 470727 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

editar

Sistu e a súa pequena comunidade quechua dunha aldea nos Andes descobren a maxia do cinema. Este encontro causa rebumbio mais tamén os confronta coa súa cultura e salienta as limitacións da comunidade para entender e ler en castelán. Como solución, elixen a Sistu para que cada semana vaia á vila a ver un filme e llelo conte a todos na praza. Un día atopa a praza baleira, xa que o cinema marchou, afectando á ilusión de Sistu por contar a historia semanal á xente que o agarda. Por iso, decide facer o seu propio cinema, cos seus propios actores, coa súa propia cultura e sobre todo, na súa propia lingua.[3]

Personaxes

editar

Os actores que participaron neste filme son:[3]

  • Víctor Acuario como Sistu
  • Hermelinda Luján como Mamá Simona
  • Melisa Álvarez como Lucicha
  • Alder Yaurisaca como Florencio
  • Cosme Flores como Rolín
  • Bernando Rosado como proxeccionista

Estrea

editar

Willaq Pirqa estreouse na 26ª edición do Festival de Cinema de Lima en agosto de 2022. Estreouse nos cinemas do Perú o 8 de decembro de 2022.[4]

  1. PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. "Director de Willaq Pirqa: “Espero que mi película acerque más a los peruanos"". andina.pe (en castelán). Consultado o 2022-12-07. 
  2. Lima, Redacción: Tvo (2022-11-09). "Película en Quechua “Willaq Pirqa, el cine de mi pueblo” se estrenará en diciembre". TVO LIMA (en castelán). Consultado o 2022-12-07. 
  3. 3,0 3,1 cinencuentro (2022-08-17). "“Willaq pirqa, el cine de mi pueblo”: Entrevista al director César Galindo - Cine Peruano". Cinencuentro (en castelán). Consultado o 2022-12-07. 
  4. PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. ""Willaq Pirqa, el cine de mi pueblo" se estrenará en cines el 8 de diciembre". andina.pe (en castelán). Consultado o 2022-12-07.