Wikipedia en amazigh estándar marroquí

edición da Wikipedia en amazigh estándar marroquí

A Wikipedia en amazigh estándar marroquí (en tifinagh: ⵡⵉⴽⵉⴱⵉⴷⵢⴰ ⵙ ⵜⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en amazigh estándar marroquí. Foi creada o 6 de novembro de 2023.[1] É a terceira versión de Wikipedia nunha lingua bérber, logo da Wikipedia en cabilo e da Wikipedia en shilha, e a terceira nunha lingua de Marrocos logo da Wikipedia en árabe marroquí e a Wikipedia en shilha.

Wikipedia en amazigh estándar marroquí
Logo da Wikipedia en amazigh estándar marroquí.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasAmazigh estándar marroquí
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento6 de novembro de 2023
Na rede
https://zgh.wikipedia.org e https://zgh.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 2.200 artigos e 1.459 usuarios, dos cales 29 son activos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar