Wikipedia en afrikaans

edición da Wikipedia en lingua afrikaans

A Wikipedia en afrikaans (en afrikaans: Afrikaanse Wikipedia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua afrikaans. O proxecto foi creado o 16 de novembro de 2001, e foi a décimo primeira Wikipedia en ser creada.[1] En decembro de 2016, era a 84ª meirande Wikipedia segundo o número de artigos. Ademais de en Suráfrica e Namibia, a Wikipedia en afrikaans é usada e mantida por usuarios de Europa, América do Norte e Oceanía. En setembro de 2020 era a meirande Wikipedia das linguas de África.[2]

Wikipedia en afrikaans
Logo da Wikipedia en afrikaans.
Portada da Wikipedia en afrikaans.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasAfrikaans
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento16 de novembro de 2001
Na rede
https://af.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 115.893 artigos e 175.057 usuarios, dos cales 201 son activos.[3]

Notas editar

  1. "Wikipedia:2001", English-language Wikipedia (16 de decembro de 2006)
  2. https://meta.wikimedia.org/wiki/List_of_Wikipedias#10_000+_articles. Consultado o 18 de setembro de 2020.
  3. All Wikipedias ordered by number of articles

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar